Pontón pide a Rueda que destitúa a Fabiola García polo peche de dúas casas de maiores en Ourense

A voceira nacional do BNG reclamou a destitución da conselleira de Política Social tras coñecerse o peche de dúas vivendas comunitarias de maiores en Amoeiro e Xinzo de Limia pola detección de irregularidades.

Alfonso Rueda y Ana Pontón

Alfonso Rueda y Ana Pontón

Novo enfrontamento entre a líder do BNG e o presidente da Xunta no Parlamento de Galicia. A voceira nacionalista, Ana Pontón, pediu o cese da conselleira de Política Social, Fabiola García, a Alfonso Rueda tras coñecerse o peche de dúas vivendas comunitarias de maiores situadas en Amoeiro e Xinzo de Limia (Ourense) tras detectar irregularidades.

Pontón preguntoulle a Rueda “¿cantos Amoeiros máis hai esperando a ver a luz?” e reclamoulle á Xunta que faga públicas as actas de inspección que, segundo denunciou, “o PP oculta á Cámara galega”.

Pola súa banda, o mandatario galego defendeu o “rigor” do Executivo autonómico nestas actuacións. Ademais, recalcou que a Xunta de Galicia fai máis dun milleiro de inspeccións ao ano para velar polo benestar dos maiores e dixo que, no caso concreto de Amoeiro, “houbo varias inspeccións e requirimentos”. “Como non se cumpriron, peche inmediato, actuando con contundencia”, subliñou o presidente.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta