Aumenta a tensión en Einsa Print: traballadores encérranse no Concello de As Pontes

Protesta de los trabajadores de Einsa Print en As Pontes / CIG
Uns 70 traballadores da planta de Einsa Print permanecen encerrados no Concello de As Pontes. A protesta prodúcese horas antes de que se celebre a última reunión do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para 102 persoas en todo o grupo de artes gráficas, case todas elas –umas 95– das instalacións do polígono de Penapurreira.
O comité de empresa sinala que este despedimento colectivo é “o mesmo, sen causas sobrevidas” que o executado hai 15 meses para 120 persoas co compromiso de manter o emprego ata o 31 de decembro de 2026.
Segundo indicou o presidente do comité, Antonio García, a empresa comprometerase tamén á presentación dun plan de viabilidade que “nunca chegou”.
A reunión entre as partes terá lugar este xoves e a parte social da empresa sostén que non está disposta a fraccionar en dous pagos as indemnizacións dos traballadores.