A aposta polo transporte público amósase con feitos

As institucións públicas deben de ser as primeiras en aplicar políticas que favorezan o cambio de hábitos por parte dos cidadáns

Autobús urbano de la Compañía de Tranvías en A Coruña

Autobús urbano de la Compañía de Tranvías en A Coruña

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

En plena semana da mobilidade todas as administracións lémbranlle aos cidadáns a necesidade de apostar polo transporte público e por formas de mobilidade máis sostibles e respectuosas co medio ambiente. Mais as institucións públicas deben de ser as primeiras en aplicar políticas que favorezan o cambio de hábitos por parte dos cidadáns, transformar as boas intencións en feitos. E iso implica pasar dos desexos á realidade que é o que acaba de facer Inés Rey na Coruña aplicando unha bonificación sen precedentes as e os universitarios da cidade para o uso do transporte urbano.

Mediante unha colaboración entre o Concello da Coruña e a Universidade, desde o vindeiro 3 de outubro, todos os estudantes universitarios da cidade poderán gozar dunha tarifa plana para o uso do transporte público que lles reducirá o prezo da viaxe en bus nun 60 % sobre a tarifa en vigor. Os estudantes da UDC que se despracen ate os campus de Elviña, A Zapateira e Oza, empregando as liñas universitarias, E, 24 e 2-A —así como as viaxes de orixe noutras liñas con transbordo a estas—, pagarán 21 céntimos por traxecto.

Os estudantes universitarios da cidade poderán gozar dunha tarifa plana para o uso do transporte público que lles reducirá o prezo da viaxe en bus nun 60 % sobre a tarifa en vigor

A estimación do Goberno municipal e da Universidade da Coruña é que esta medida beneficiará a preto de 12.000 estudantes matriculados e matriculadas na UDC. Os estudantes que hoxe pagan 52 céntimos por viaxe, xa coa bonificación do Concello con fondos do Estado, pasarán a pagar 21 céntimos desde outubro.

As políticas a favor dunha mobilidade accesible, segura e saudable amósanse con medidas concretas como esta que de seguro animará ao alumnado universitario da cidade da Coruña, que na actualidade emprega en gran medida o vehículo propio para os seus desprazamentos aos centros de ensino, a facelo en bus urbano.

O compromiso do goberno da Coruña co transporte público queda claro unha vez máis e o que resulta rechamante é que a Xunta de Galicia, con competencias en política de transporte, non teña nin tan sequera respondido a petición formal do Concello de ampliar a subvención ao transporte público para que os descontos para os usuarios do transporte urbano puidesen ser aínda maiores. Nada que comentar. O feitos falan por si mesmos.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp