A Coruña abre camiño

O aeroporto de Alvedro suma tres novas conexións aéreas cas cidades de Ámsterdan, Milán e Xenebra, chegando á maior cifra da súa historia

Alvedro

Imagen de archivo del aeropuerto de Alvedro, situado en Culleredo (A Coruña)

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Este mes de agosto déronse a coñecer as novas conexións aéreas que terá o aeroporto de Alvedro no 2023, que suma tres novas cidades europeas: Ámsterdam, Milán e Xenebra. Tres destinos que amplían a rede de conexións internacionais de A Coruña, chegando á maior cifra da súa historia. Os Países Baixos, Italia e Suiza súmanse ás conexións xa existentes con Inglaterra (Londres-Gatwick) e Francia (París-Orly) recuperadas neste mandato. Nunca antes Alvedro contara con cinco conexións internacionais, unha mostra da aposta da nosa alcaldesa, Inés Rey, por seguir posicionando A Coruña como unha cidade de referencia, potenciando o seu valor turístico como capital do noroeste Atlántico. Unha estratexia que xa está a dar os seus froitos tal e como nos amosan as cifras de ocupación hoteleira deste verán, mesmo superando as anteriores á pandemia.

Só por dar un dato, durante os meses de xullo e agosto, os hoteis mantiveron unha ocupación media arredor do 90% na Coruña. Algúns mesmo colgaron o cartel de habitacións esgotadas, facendo un verán coma os que facía tempo que non se vían, incrementando a súa facturación nun 15% respecto a 2019, ano previo á pandemia. Uns datos que refrendan que a estratexia turística levada a cabo dende o Concello da Coruña ofrecendo unha gran oferta cultural e ampliando as conexións da cidade foi un éxito.

A pesar do contexto xerado pola pandemia, dende o Goberno local fomos capaces de recuperar conexións con aeroportos internacionais coma París e Londres e contar con conexións nacionais directas cos principais aeroportos de España, como El Prat e Barajas ou os aeroportos de Bilbao, Málaga e Valencia. Un modelo que nos permite situar a cidade como capital de grandes congresos e eventos, potenciando o turismo MICE dirixido aos negocios, aumentando as liñas e as frecuencias coas que conta o aeroporto de Alvedro para facilitar unha mellor conexión para este tipo de público.

Unha aposta polo turismo que o é tamén pola reactivación económica da cidade e, en definitiva, por abrir o camiño A Coruña máis alá das súas fronteiras.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp