A Coruña lidera o investimento público

A Coruña é a administración local galega que lidera o ránking en materia de licitación de obra pública no primeiro semestre de 2022

Vista aérea de la ciudad de A Coruña. EFE/Cabalar

Vista aérea de la ciudad de A Coruña. EFE/Cabalar

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Segundo a Federación Galega da Construción, A Coruña é a administración local galega que lidera o ránking en materia de licitación de obra pública no primeiro semestre de 2022. Con 26,2 millóns de euros licitados entre xaneiro e xullo a cidade sitúase á cabeza dos concellos galegos superando a Vigo en 4 millóns de euros. Un volume de licitación que vai en consonancia cos maiores orzamentos da historia de cidade, 310 millóns de euros, e coa vontade de reforzar o investimento pública como parte da recuperación económica da cidade tras a pandemia e as consecuencias da guerra de Ucraína. O compromiso dun goberno cunha cidade demóstrase con cifras, e as cifras neste caso poñen de manifesto que o goberno de Inés Rey é a administración local galega que mais está a contribuír a recuperación económica mediante a xeración de obra pública.

Pero é que ademais as obras licitadas contribuirán a transformación da cidade nunha urbe máis amable, máis humana e máis sostible xa que no listado de actuacións licitadas neste primeiro semestre se poden atopar obras como a segunda fase de Alcalde Marchesi, a reurbanización de Fernández-Latorre, a peonalización de Ramón Cabanillas ou a construción do aparcamento do parque Adolfo Suárez, actuacións, estas dúas últimas que xa comezaron esta mesma semana. Melloras en diferentes barrios da cidade que, sumadas ás que están a piques de rematar como Compostela, a reforma do mercado de San Agustín ou a primeira fase de Alcalde Marchesi contribuirán, sen dúbida, a mellorar a calidade de vida na cidade.

Un incremento das licitacións que non se produce só nos contratos de obra, xa que se sumamos os contratos de servizos, a cifra acada os 104 millóns de euros en contratos licitados no primeiro semestre de 2022. Un dato que triplica o mesmo período do ano pasado cando se licitaron 35 millóns de euros en contratos e que se explica como consecuencia de decisión política de contribuír dende o público á reactivación económica e á mellora da xestión a través da reorganización do servizo de contratación en novembro de 2019 para facelo máis áxil.

As administracións poden e deben contribuír de forma decisiva á dinamización económica e así o estamos a demostrar dende o Concello da Coruña coas maiores cifras de licitación de obras en servizos en anos que, ademais de contribuír ao desenvolvemento económico da cidade, permiten mellorar a calidade de vida en todos os barrios.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp