Defensa e o CNI desconfián da planta de SAIC en Ferrol por ameazar a seguridade nacional

As instalacións do fabricante chinés ubicaríanse moi próximas ao arsenal de Ferrol e aos estaleiros de Navantia que constrúen as F-110; informes do Exército ven risco para a seguridade no proxecto, que debe aprobar o Consello de Ministros.

A xeopolítica bota un balde de auga fría sobre un dos grandes proxectos industriais de Galicia. O desembarco do fabricante chinés SAIC para implantar a súa base industrial e loxística en Europa no norte da comunidade, onde prevé ensamblar 120.000 vehículos anuais, espertan recelos no Ministerio de Defensa e no CNI. A planta do porto exterior de Ferrol ubicaríase moi próxima ao estaleiro de Navantia que constrúe as F-110 e tamén ao arsenal militar, base das fragatas españolas Álvaro de Bazán (F-100) e de dous buques de aprovisionamento en combate (BAC).

Segundo avanzou El Mundo, informes do Exército alertan de que a instalación dun grupo estatal chinés nunha zona estratéxica para a Armada e para o desenvolvemento da tecnoloxía de defensa podería constituír unha “ameaza para a seguridade”. El País tamén fala dos recelos do CNI. O risco, segundo publica este xornal, vai máis alá da Armada española, pois os sistemas de combate dos buques son do xigante estadounidense Lockheed Martin, gran provedor dos exércitos de Estados Unidos ou Israel, por exemplo, e os estaleiros traballaron en buques de guerra de Australia, Noruega ou Reino Unido. El Mundo apunta tamén que a chegada do grupo asiático podería cambiar a consideración de Ferrol como porto seguro para os socios da OTAN.

A inversión de SAIC, a propietaria dos vehículos MG e o fabricante chinés máis vendido en España, debe ser aprobada polo Consello de Ministros, autorizando a inversión estranxeira. O Executivo central non só foi partidario da iniciativa industrial, senón un dos seus promotores, cunha viaxe do presidente Pedro Sánchez a China incluída. Para o presidente galego, Alfonso Rueda, é o seu primeiro gran proxecto industrial, despois de pechar a fábrica de Altri que herdou de Alberto Núñez Feijóo.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp