A Fundación La Caixa incrementa un 15% a súa investimento en Galicia e alcanza os 15 millóns en 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da entidade, Isidro Fainé, asinaron a renovación do convenio de colaboración cuxo obxectivo é o desenvolvemento de actuacións sociais orientadas a reducir a vulnerabilidade e posibilitar unha vida digna a quen máis o necesita.

Alfonso Rueda e Isidro Fainé

Alfonso Rueda e Isidro Fainé

A Fundación La Caixa destinará en 2025 un total de 15 millóns á acción social en Galicia, o que supón un incremento do 15% respecto ao ano anterior. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da entidade, Isidro Fainé, asinaron este mércores a renovación do acordo marco que recolle a colaboración entre ambas entidades en materia de acción social, investigación, educación e cultura para este ano.

O principal propósito deste convenio é o desenvolvemento de actuacións sociais orientadas a reducir a vulnerabilidade e posibilitar unha vida digna a quen máis o necesita. En concreto, as liñas prioritarias do convenio pasan pola loita contra a pobreza, especialmente a infantil, a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión, a humanización da saúde, o acompañamento a persoas maiores e o impulso de proxectos de entidades sociais sen ánimo de lucro.

No encontro, no que tamén participou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, o presidente da Xunta agradeceu o traballo da Fundación La Caixa en Galicia e puxo en valor o papel que desenvolven en distintos ámbitos as entidades sociais, en colaboración coas administración públicas e de forma complementaria á labor destas.

Pola súa parte, Isidro Fainé reivindicou a renovación do “compromiso firme” da Fundación con Galicia, “reforzando” a súa acción social no territorio.

“O noso obxectivo é seguir fomentando a igualdade de oportunidades para transformar vidas e construír unha sociedade máis cohesionada e solidaria. Facémolo da man do tecido social e das institucións galegas, que nos permiten actuar alí onde o apoio é máis necesario”, afirmou o presidente da entidade.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta