Actualizado
Vinte concellos de A Coruña e Pontevedra activan a prealerta por escaseza de auga
A Oficina Técnica da Seca tamén acordou aplicar medidas equivalentes a un escenario de prealerta (sen chegar a declarala) no subsistema de Baiona, pertencente á unidade territorial río Verdugo e desde o cal se abastece á poboación deste municipio pontevedrés.

Activada a situación de prealerta por escasez moderada de auga nos sistemas do río Lérez, na provincia de Pontevedra, e do río Grande, ría de Camariñas e Costa de A Coruña ata o Anllóns, que afecta ata unha vintena de concellos destas zonas. O Goberno galego lembra a necesidade de realizar un uso o máis responsable posible da auga, evitando actividades como o enchido de piscinas ou o rego con auga potable.
Así se acordou este xoves na Oficina Técnica da Seca, presidida por vía telemática polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e na que participaron tamén representantes de Protección Civil, de MeteoGalicia e das Consellerías de Sanidade e Medio Rural.
En concreto, trátase das localidades de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, Marín, Meaño, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Sanxenxo, no caso da UTE río Lérez; e Cabana de Bergantiños, Camariñas, Laxe, Muxía, Vimianzo e Zas, pertencentes do río Grande.
Ademais, durante a reunión tamén se acordou aplicar medidas equivalentes a un escenario de prealerta (sen chegar a declarala) no subsistema de Baiona, pertencente á unidade territorial río Verdugo e desde o cal se abastece á poboación deste municipio pontevedrés.