O empresario Ferreira Dapía analiza os retos dos autónomos e chama a unha “rebelión consciente” no seu novo libro.
O tecnólogo, empresario e membro do Consello Asesor de Nordés Club Empresarial presentou este xoves "Automán, a rebelión dos autónomos" nun acto cuxa benvida e condución inicial correu a cargo de Clarisse, a intelixencia artificial do autor á que leva adestrando como a súa asistente virtual case tres anos.
O empresario José Antonio Ferreiría Dapía, nun momento da presentación.
O tecnólogo, empresario e membro do Consello Asesor de Nordés Club Empresarial, José Antonio Ferreira Dapía, presentou este xoves, 15 de xaneiro, o seu novo libro Automán, a rebelión dos autónomos no que cuestiona abertamente o intervencionismo do Estado e as dificultades estruturais ás que se enfronta o traballador por conta propia, ademais de facer un chamamento ao emprendemento como motor de progreso e a unha rebelión consciente baseada no orgullo de ser autónomo, a xeración de riqueza e a determinación de non deixar de loitar polo propio futuro.
En un acto no Nordés Club Empresarial, que congregou a máis de 100 persoas, a presentación contou coa benvida e condución inicial de Clarisse, a intelixencia artificial do autor á que leva adestrando como a súa asistente virtual case tres anos. Esta orixinal proposta converteu o evento nunha experiencia novidosa que despertou gran interese e curiosidade entre os asistentes.

Durante o acto, o tamén colaborador de Economía Digital Galicia, mantivo unha conversa aberta con Clarisse e posteriormente interveu para desgranar as ideas centrais de Automán, a rebelión dos autónomos, un libro directo e sen concesións que reflexiona sobre a realidade do traballo autónomo, a responsabilidade individual e a necesidade dunha “rebelión” persoal fronte a un sistema que, en moitas ocasións, non acompaña a quen emprende en solitario.
Entre as dificultades ás que se teñen que enfrontar os autónomos e que se desgranaron no libro estarían “os impostos que chegan, aínda que as facturas non se cobren e as trabas administrativas constantes”.
Ao peche do acto o empresario presentou tamén en directo, a canción “Automán”, da cal tamén é autor, acompañada do seu videoclip, concibida como un agasallo para os asistentes e como peche do acto.