Manuel Carneiro aborda o relevo xeracional nas empresas no seu novo libro, ‘Pervivencia organizativa’

O ensaio, que analiza como facer sostible o futuro organizativo da empresa, está prologado por Ángela de Miguel, presidenta de Cepyme, e conta cun epílogo de Ignacio Rivera, CEO de Hijos de Rivera.

portada del libro ‘Pervivencia organizativa’ de Manuel Carneiro

“Unha gran cantidade de empresas e organizacións, na actualidade, enfrontanse a numerosos desafíos, derivados da incerteza e da convulsión dos tempos que nos tocou vivir. Un dos máis importantes é o da continuidade da súa actividade”. Así presenta o economista Manuel Carneiro Caneda o seu novo ensaio, no que aborda o relevo xeracional nas empresas familiares. Pervivencia organizativa, editado por Última Línea, está prologado por Ángela de Miguel, presidenta de Cepyme, e conta cun epílogo de Ignacio Rivera, CEO de Hijos de Rivera

O relevo xeracional, a preservación do patrimonio tanto empresarial como familiar, ou o mero desenvolvemento ou a xestión do futuro das empresas vese condicionado por circunstancias sociais e demográficas: as xeracións nacidas a partir dos anos sesenta están deixando os postos de propiedade e de dirección, están xubilándose, e resulta obrigado organizar debidamente a sucesión. E isto é de vital importancia para as pequenas e medianas empresas (pemes), en particular para as de carácter familiar. Esta é unha das teses sobre as que se apoia Carneiro para analizar a sucesión nas empresas

Pervivir antes que sobrevivir

“As empresas non poden unicamente sobrevivir a este proceso, coas dificultades que iso entraña. Para poder continuar o seu futuro con garantías precisan pervivir; é dicir, organizar a transición dunha xeración á seguinte a través do deseño e posta en marcha dun plan de continuidade no marco dun proceso debidamente xestionado e certificado”, asegura o autor na presentación de Pervivencia organizativa. Deixar un legado convenientemente estruturado convértese nunha responsabilidade ineludible, conclúe.

Este libro pretende ser unha guía para facer sostible o futuro organizativo das empresas na complicada travesía, di o autor, que pode supoñer enfrontar nas mellores condicións posibles a sucesión e a continuidade. En definitiva, saber pervivir.  

Manuel Carneiro Caneda (Santiago de Compostela, 1962), é socio director de Emprendia Team, secretario xeral de Innovaética e profesor convidado en varias universidades españolas e latinoamericanas. Antigo profesor da Universidade Francisco de Vitoria en España, imparte docencia en diversas universidades e escolas de negocios. É autor de doce libros e un senfín de artigos sobre temas empresariais. É colaborador habitual de Economía Digital Galicia, onde aborda asuntos de actualidade nos seus análises e tamén participa en diversos proxectos editoriais.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp