Os produtores de porco en Galicia, ante a baixada de prezos pola gripe porcina: “O 2026 vai ser malo”

Os produtores da comunidade cifran en 1,5 millóns por semana o efecto na comunidade da caída de prezos pola crise detectada en Cataluña.

enta de productos porcinos, a 2 de diciembre de 2025, en Barcelona, Catalunya (España).

Os casos de peste porcina detectados en Cataluña teñen a súa derivada en Galicia, onde os produtores ven como os prezos baixan. Foto: David Zorrakino – Europa Press

Galicia tamén sofre as consecuencias dos casos de gripe porcina detectados en xabarís en Cataluña. En concreto, unha caída dos prezos que, de momento, lles xera un impacto de 1,5 millóns de euros por semana. “Sabemos que decembro vai ser horrible e 2026 un ano moi malo“, avisa o presidente de Fegapor, Pablo Meijomín.

En declaracións a Europa Press, o representante da federación galega de porcino indica que os prezos de referencia baixaron 20 céntimos por porco –10 céntimos nunha primeira mesa extraordinaria celebrada en Lleida o luns, e outros 10 céntimos o xoves–, o que, dependendo do peso, supón “entre 25 e 30 euros por cada un producido” na comunidade galega.

Producción na comunidade

Galicia produce, de acordo cos seus números, uns 60.000 porcos á semana –3 millóns ao ano–, de aí o efecto de 1,5 millóns de euros semanais que, segundo os seus cálculos, deixa de ingresar o sector galego nos últimos días.

A isto hai que sumar, segundo alerta Meijomín, que “hai matadoiros que xa están pagando por baixo do prezo de referencia”, que é ese que se fixa en Lleida.

Neste contexto, “todo” o que se exportaba a Xapón, desde Coren e tamén desde “dous ou tres matadoiros portugueses” que se nutrían “100%” de porcos galegos, segue “parado”, sinala o representante do sector.

“Buscar alternativas”

Un sector que asiste “expectante” ás negociacións do Ministerio de Agricultura coa vista posta en que logre que países como o nipón e tamén México, entre outros, apliquen o principio de rexionalización, de modo que non cancelen as importacións de zonas da Península Ibérica nas que non se detectou ningún caso de peste porcina africana.

Para o próximo exercicio, “ou se abren novos mercados” ou “vai ser un ano moi malo”, constata Pablo Meijomín, quen cre que o sector “vai ter que autorregularse” e, entre outras medidas, “deixar de traer leitón do resto de Europa”. Así, aboga por “buscar alternativas” e ve en China potencial de incremento das exportacións.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta