As estreitezas do aceiro: Megasa reduce a unha quinta parte os beneficios da súa maior fábrica en España
A planta do grupo siderúrxico da familia Freire en Zaragoza, Megasider, viu como os seus beneficios netos minguaban nun ano de 27,6 a 4,9 millóns, nun exercicio marcado pola baixada da demanda por parte das industrias europeas.