A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra carga contra o Supremo polo aval a Ence

A APDR traslada a súa "dor e decepción" pola sentenza do Tribunal Supremo que avala a prórroga da concesión de Ence en Lourizán

Planta de Ence en Pontevedra

Fábrica de Ence en Pontevedra- ENCE – Archivo

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) arremete contra o Tribunal Supremo a conta do aval á prórroga da concesión de Ence. A través dun comunicado, o colectivo lamenta esta nova sentenza que alisa a permanencia da papeleira en Lourizán ata 2073: “Unha decisión que, non por esperada, deixa de causar dor e decepción”.

Desde a APDR insisten en que a prórroga que aprobou o Goberno de Mariano Rajoy en 2016 “foi absolutamente irregular por contraria ao ben común” e quere “matizar algúns aspectos” sobre o fallo coñecido esta semana, que vai no mesmo sentido que as sentenzas contra outros recursos do Concello de Pontevedra e Greenpeace.

No mesmo sentido, a asociación que no seu momento levou aos tribunais a prórroga na concesión de Ence queixase de que o Supremo esperase “algo máis de dous anos” para emitir este fallo sobre o seu recurso e considera que é “unha táctica dilatoria para retardar” a actuación da asociación noutras instancias xudiciais. Ademais, sinala que no Supremo houbo dous votos particulares que coinciden co que decidiu a Audiencia Nacional en primeira instancia, que anulara a prórroga.

Así mesmo, a Asociación pola Defensa da Ría vincula a prórroga do Goberno de Rajoy á concesión da fábrica pontevedresa coa presunta “trama corrupta” pola que o exministro de Facenda, Cristóbal Montoro, está sendo investigado.

E é que nos últimos días trascendeu un pago de uns 116.000 euros de Ence a Equipo Económico -empresa fundada polo exministro de Facenda, Cristóbal Montoro– en 2013, ano no que precisamente foi aprobada a reforma da lei estatal de costas de 1988 na que agora se baseou o Supremo para avalar a concesión.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta