A patronal galega chama a “dar a batalla” ao recorte de fondos europeos á pesca

A conselleira do mar, Marta Villaverde, indica que o Goberno galego non está "nada de acordo" con estes "primeiros esbozos" de financiamento europeo da pesca a partir de 2028, e lembra que Galicia é "a rexión pesqueira máis importante de Europa

El presidente de la CEG, Juan Manuel Vieites - CEG

El presidente de la CEG, Juan Manuel Vieites – CEG

Críticas en Galicia ao recorte do Fondo Marítimo, Pesca e Acuicultura (Fempa) de máis de 4.000 millóns de euros que propón Bruxelas para 2028-2034. O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, chamou a “dar a batalla” para reducir esta baixada do 67%, ao pasar de uns 6.110 millóns do período anterior a só 2.000.

Vieites insiste en que o sector pesqueiro é “estratéxico” para Galicia, cohesiona o territorio e “ten a moitas persoas nunha actividade socioeconómica moi importante”. “Temos que facer valer o noso peso específico”, sostén sobre a principal rexión nesta materia en Europa.

O presidente da patronal galega advertiu de que os fondos europeos “son fundamentais para a renovación e, sobre todo, para intentar modernizar e innovar no sector mar industria”. “O sector necesita eses fondos para seguir reconvertendo, para seguir sendo un punto de referencia a nivel mundial”, efectivamente.

Así mesmo, apela a “recapacitar” para traballar nunha colaboración público-privada de cara a paliar esta problemática e insta ao Goberno de España a “poñer enriba da mesa as cousas tal como son”.

“Sempre tivemos que dar a batalla no sector mar industria”, lembra, polo que indica que esta primeira proposta é “un punto de referencia” para traballar e “intentar modificar en certa medida” a proposta.

Rexeitamento da Xunta

Por outra banda, a conselleira do mar, Marta Villaverde, mostrou o seu rexeitamento ao “preocupante” ante o recorte. A preguntas da prensa antes de participar en Santiago nunha reunión coa CEG, Villaverde subliñou que o Goberno galego non está “nada de acordo” con estes “primeiros esbozos” de financiamento europeo da pesca a partir de 2028, xa que lembra que Galicia é “a rexión pesqueira máis importante de Europa”. “Evidentemente, vai ter un impacto directo no noso sector”.

Así, adiantou que a Xunta vai “intentar activar todas as vías posibles” xunto co sector para reducir este “desfavorable” recorte previsto do Fempa, ao tempo que insta ao Estado a facer o propio con “todas as vías posibles de diálogo con Bruxelas para mostrar a súa desconformidade con este primeiro planteamento que fai a Comisión”.

Villaverde remarcou que a cadea mar-industria supón o 5% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia e 59.000 empregos directos.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta