Stellantis mostra músculo: supera o 15% de cota de mercado en Europa este ano
O grupo con factoría en Vigo alcanza unha cota de mercado do 15,4% en Europa no terceiro trimestre, con 549.000 entregas.

Antonio Filosa, CEO de Stellantis
Stellantis resiste e gaña. Polo menos, mercado. A pesar das turbulencias no sector, o grupo alcanzou unha cota de mercado do 15,4% en Europa, con vendas de 549.000 unidades de turismos e vehículos comerciais lixeiros, posicionando a Stellantis como o segundo grupo automobilístico máis grande do continente.
En concreto, a compañía automobilística (con planta en Vigo e que agrupa firmas como Peugeot, Fiat, Jeep ou Opel) logrou un incremento na venda de turismos do 4,4% interanual no terceiro trimestre do ano, alcanzando un total de 422.000 vehículos no mercado europeo, que comprende os 27 Estados membros da Unión Europea xunto a Islandia, Liechtenstein e Noruega.
Ademais, catro países rexistran un aumento da cota de mercado global, entre eles Italia, cun crecemento interanual do 2,8%.
Avances interanuais
En setembro deste ano, Stellantis rexistrou un aumento do 11,5% nas súas vendas de turismos nese mercado con respecto a setembro de 2024, cun aumento de 0,1 puntos porcentuais na súa cota de mercado.
“Estou encantado de destacar a tendencia moi positiva do aumento dos nosos pedidos, que rexistrou un incremento do 22% interanual en setembro”, destacou o director de Operacións de Stellantis, Luca Napolitano.