O proxecto de SAIC creará 2.300 empregos e estará operativo en 2028, con máis de 200 millóns de investimento.
A Xunta oficializa o investimento, declara a iniciativa do grupo automobilístico chinés propietario da marca MG como un Proxecto Industrial Estratéxico e Rueda valora a posición punteira que logrará Galicia na automoción con este proxecto.
As negociacións formais duraron uns 8 meses, houbo 85 reunións e un total de 25 visitas. Así o acaba de detallar este luns Alfonso Rueda. A inversión de SAIC en Galicia xa é unha realidade. A Xunta oficializa o desembarco do grupo chinés, declara a iniciativa do grupo automovilístico propietario da marca MG como un Proxecto Industrial Estratéxico e o presidente galego valora a posición punteira que logrará Galicia na automoción con este proxecto. O presidente galego e a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, ofreceron os detalles do proxecto tras o Consello da Xunta.
En síntese, o proxecto de SAIC creará 2.300 empregos e estará operativo en 2028, cunha inversión inicial de 200 millóns. O proxecto repartirase entre Ferrol, no porto exterior e a zona loxística de Mandiá, e As Pontes. O obxectivo de produción nesta fase é de 120.000 vehículos ao ano, co seu arranque en dous anos.
Os detalles da inversión
Rueda ofreceu máis detalles e asegurou que a iniciativa leva aparellada a creación de 2.300 postos de traballo, entre directos e indirectos. O próximo ano será o de inicio das obras e o proxecto estará operativo en 2028, segundo as súas previsións. En concreto, en Ferrol crearase mil empregos directos, e outros tantos indirectos, mentres que en As Pontes serán 300 os postos de traballo a crear.
Rueda destacou a posición punteira que logrará Galicia na automoción con este proxecto, que se suma á planta de Stellantis en Balaídos, e asegurou que se materializa tras “moitas reunións que culminaron coa viaxe a China”. Concretamente, foron 85 reunións desde outubro de 2025. Na recta final, desde marzo deste ano, xogou un papel relevante tamén o Goberno central, ao que tanto Rueda como a conselleira de Economía agradeceron a súa “coordinación” e o seu traballo “exemplar” para conseguir o proxecto industrial.
Tramitación e concesións
O presidente galego anunciou que SAIC solicitou a tramitación do seu primeiro proxecto industrial en Europa, e que tras esta solicitude inicial chega a declaración como Proxecto Industrial Estratéxico por parte da Xunta. Segundo o plan exposto tras o Consello, o desenvolvemento completo do proxecto de SAIC conlevaría a creación dun hub industrial e loxístico similar ao de Stellantis en Vigo.
A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, detallou que, ademais das autorizacións ambientais, quedarían pendentes dous procedementos para o inicio das obras. Están tamén en marcha as concesións portuarias para Ferrol e a autorización de investimento estranxeiro por parte do Consello de Ministros. Ante os prazos axustados que marca o calendario de SAIC, creouse un grupo especializado para coordinar os tres procedementos.