Applus, propietaria das ITV galegas, contrata a Morgan Stanley para iniciar o seu proceso de venda

Os fondos propietarios do grupo, I Squared e TDR, inician o proceso para vender a división de inspección técnica de vehículos que UBS valorou en 2024 en 830 millóns.

Una estación de ITV de Applus

Unha estación de ITV de Applus. Applus

Applus, a propietaria das ITV galegas, inicia o camiño para vender a división de inspección técnica de vehículos. Os fondos propietarios da maioría da empresa, I Squared e TDR, activaron a desinversión dun dos principais negocios da empresa de certificacións e contrataron os servizos de Morgan Stanley. 

Tal e como avanza El Economista, o bando de negocios participará en calidade de asesor para buscar comprador. O proceso atoparíase nas súas etapas iniciais sen que se teñan repartido materiais nin exista un calendario no que podería executarse a operación. 

Por agora descoñécese o prezo orientativo da venda. Non obstante, tal e como lembra o mesmo medio, UBS tasou en 2024 o negocio en arredor de 830 millóns de euros, cifra que xustificaban tras aplicar un múltiplo de dez veces ao ebitda previsto para 2024. 

A división de ITV é un dos principais negocios do grupo, que realiza anualmente máis de 15 millóns de inspeccións de vehículos. Ademais de en España está presente en varios países de Europa, como Irlanda, Dinamarca, Finlandia e Suecia, así como noutros territorios como Arxentina, Xeorxia, Chile, Costa Rica, Ecuador ou Uruguai

En 2023, antes da chegada dos fondos I Squared e TDR ao capital de Applus, a compañía vendeu a Opus Inspection esta división en Estados Unidos, que operaba nos estados de Illinois, Massachusetts, Xeorxia, Utah, Idaho e Nova York. Nesta ocasión o motivo da venda foi a “política de rotación de activos” plasmada no seu plan estratéxico, segundo explicou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Centro tecnolóxico de Applus en Sada

A mediados de xullo do ano pasado Applus anunciou a construción en Sada dun centro de desenvolvemento tecnolóxico que contribuiría a fortalecer o sector galego da automoción. A compañía prevía investir uns 6,8 millóns nas novas instalacións, nas que traballarán unhas vinte persoas e que estaría en funcionamento durante o último trimestre deste ano. 

A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, participou entón na presentación do proxecto, destacando a súa importancia. «É unha moi boa nova ver que se nos percibe como unha Administración facilitadora e amigable coa inversión«, insistiu Lorenzana, quen tamén valorou o papel que desempeñan os concellos á hora de canalizar a demanda empresarial. «Somos unha comunidade que proxecta estabilidade e confianza aos empresarios». 

Os números de Applus

Applus, que deixou de cotizar en bolsa no outono de 2024, pechou o seu último exercicio fiscal –comprendido entre outubro dese ano e setembro de 2025– cun ebitda de 422 millóns e uns ingresos de 2.300 millóns de euros. A compañía mellorou o resultado operativo de 357 millóns (+18%) e a facturación de 2.150 millóns (+6,9%) acadadas entre xullo de 2023 e xuño de 2024. 

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp