A empresa coa que José Souto promove un hotel na antiga nave de Tecam cambia de mans

O empresario que impulsou o Hilton coruñés deixa de ser administrador de Crunia Shopping, coa que solicitou transformar o inmoble do polígono de Agrela nunha pensión de dúas estrelas, en favor de Igalux Innova.

Jose Souto en la inauguración del Hotel Hilton, en septiembre de 2020

O empresario José Souto acaba de vender o 70% da sociedade coa que controla o hotel Hilton na Coruña.

Dín quen traballaron con el que José Antonio Souto Meizoso, promotor do Hilton coruñés e, antes, do centro comercial Marineda City xunto a Manuel Jove, José Collazo e Modesto Rodríguez, sabe cando mercar e, sobre todo, cando vender. Segundo datos do Rexistro Mercantil consultados por Economía Digital Galicia unha das súas sociedades inmobiliarias cambiou de mans recentemente. O empresario deixou de ser administrador único de Crunia Shopping, filial coa que solicitou ao Concello da Coruña transformar a antiga nave de Tecam no polígono de Agrela nunha pensión de dúas estrelas, en favor do holding coruñés Igalux Innova.

O pasado xaneiro, a xunta de Goberno local do concello da Coruña deu luz verde á licenza urbanística para a reforma e o cambio de uso da antiga nave da xa extinta Tecam, empresa especializada en equipamento e mobiliario de oficina que foi fundada por Souto e que, a pesar de chegar a situarse entre as cinco primeiras compañías do sector en España, caeu en liquidación tras a crise do 2008. A solicitude foi realizada polo empresario a través da sociedade Crunia Shopping, que propuxo transformar o inmoble nun hotel con 126 prazas e 63 habitacións dobres. Segundo publicou entón A Opinión da Coruña, o orzamento de execución da obra ascende a 1,4 millóns de euros, sendo de 15 meses o prazo estimado de execución.

Cambio de administradores

Pois ben, a sociedade promotora desta obra cambiou de mans, segundo os datos expostos no Rexistro Mercantil da Coruña. O pasado día 13 de abril, Souto Meizoso cesou no seu cargo como administrador único de Crunia Shopping, pasando a figurar como única socia da firma a compañía herculina Igalux Innova.

Con base de operacións na coruñesa rúa Juana de Vega, Igalux é unha sociedade de investimento fundada por Jesús Martínez Loira, empresario coruñés que chegou a postularse, antes da pandemia, para suceder a Tino Fernández na presidencia do Deportivo da Coruña. A través doutra das súas sociedades, Igalux Innova Capital, en 2012 chegou a ter case un 6% da tecnolóxica Altia.

Martínez Loira mantívose como administrador único de Igalux ata principios de 2024, cando foi substituído por Marcos Martínez Ramallo.

Igalux Innova pechou o exercicio 2024, último do que hai datos dispoñibles para a súa consulta, con uns activos de 4,1 millóns de euros e un patrimonio neto de 1,2 millóns, segundo a información consultada por Economía Digital Galicia a través da base de datos einforma.com.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp