Gadis reclama a catro sindicatos máis de 1,2 millóns polo que deixou de gañar durante unha folga

As centrais CIG, UGT, CC OO e USO consideran que a cadea de supermercados intenta “amedrentar” aos traballadores mentres que a compañía insiste en que non cuestiona o dereito legal á folga.

El Servicio de Mediación y Arbitraje (SMAC) de A Coruña acoge el acto de conciliación entre la representación de supermercados Gadis y la de las centrales sindicales UGT, CIG, CC OO y USO, ante la reclamación del grupo empresarial de 1,25 millones

O Servizo de Mediación e Arbitraxe (SMAC) da Coruña acolle o acto de conciliación entre a representación dos supermercados Gadis e a das centrais sindicais UGT, CIG, CC OO e USO, ante a reclamación do grupo empresarial de 1,25 millóns. Foto: CIG

O Servizo de Mediación e Arbitraxe (SMAC) da Coruña acolleu este luns o acto de conciliación entre a representación de supermercados Gadis e a das centrais sindicais UGT, CIG, CC OO e USO, ante a reclamación do grupo empresarial de 1,25 millóns de euros aos convocantes dos paros no sector da alimentación que se levaron a cabo entre o 21 e o 24 de xuño na provincia coruñesa para esixir melloras salariais e laborais en plena negociación dun novo convenio colectivo.

Segundo indican os sindicatos, Gadisa reclama esa cantidade polo que, na súa opinión, “deixaron de gañar” durante as mobilizacións de xuño. Así o asegura Roberto Pérez, de CIG Servizos, que destaca que as mobilizacións tiveron “un éxito moi grande”.

Os sindicatos sosteñen que a denuncia de Gadis trata de asustar aos empregados e cercenar o seu lexítimo dereito á folga.

“A denuncia non ten percorrido”

“A folga é un dereito”, sentenciou, para cualificar de “temeraria” a demanda plantexada polo grupo de distribución alimentaria, que considerou unha “estratexia moi burda” para “influir na negociación”, engadiu sobre un convenio colectivo para as traballadoras e traballadores da provincia da Coruña.

“Queren amedrentar o persoal e aos sindicatos, pero non o van conseguir”, engadiu para considerar que, desde o punto de vista xurídico, o plantexado por Gadis “non ten ningún percorrido”, engadiu respecto dun acto de conciliación “obrigatorio por lei” e do que, anticipou, “non sairá nada”, en alusión á imposibilidade dun achegamento de posturas.

Neste contexto, os sindicatos convocaron tres novos días de folga no comercio de alimentación para o 24, 25 e 26 de xullo “ante a falta de avances na negociación”, sosteñen.

Fala Gadis

Por outra banda, desde a empresa, consultados por Europa Press, precisaron que “a actuación xudicial iniciada pola compañía non cuestiona o dereito de folga”. “O que corresponde determinar aos tribunais é, se durante o desenvolvemento das mobilizacións, se produciron determinados feitos que poidan ter excedido o exercicio lexítimo do dereito de folga e, por tanto, foron ilegais, e no seu caso, se deles se derivan responsabilidades”, expoñen.

“Precisamente para resolver este tipo de discrepancias existen os mecanismos de conciliación e os tribunais de xustiza, aos que calquera persoa ou empresa pode acudir con total normalidade cando considera que uns feitos deben ser valorados xurídicamente”, engaden.

Por outra parte, o grupo de distribución alimentaria sinalou que “mantén o seu respecto a todas as partes implicadas e continuará defendendo as súas posicións polas vías legais correspondentes, coa mesma normalidade coa que respecta o exercicio dos dereitos sindicais e laborais”.

Comisións Obreiras

Á súa vez, CC OO acusou a Gadis de tentar “intimidar aos sindicatos cunha reclamación millonaria”. Nun comunicado, coincidiu en que dita demanda responde a “unha estratexia para amedrentar tanto aos sindicatos como ao persoal e influír no desenvolvemento da negociación do convenio colectivo provincial do comercio de alimentación da Coruña”.

CC OO Servizos subliña que considera “especialmente grave que unha empresa pretenda responsabilizar economicamente aos sindicatos polas consecuencias dunha folga legalmente convocada e secundada polas persoas traballadoras”. Ao seu xuízo, engade, “este tipo de demandas buscan crear un efecto disuasorio fronte ao exercicio dun dereito fundamental”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp