García Maceiras recibe a Alfonso Rueda na sede de Inditex, en Arteixo
O presidente da Xunta e a conselleira de Economía e Industria destacan o compromiso da administración galega coa industria téxtil como gran pólo de atracción de investimento a Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Economía e Industria, María Xesús Lorenzana, son recibidos na sede de Inditex en Arteixo polo CEO da compañía, Óscar García Maceiras. Foto: Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que visitou esta mañá o novo edificio dos equipos comerciais de Zara no complexo de Inditex en Arteixo, destacou o importante papel do sector téxtil na internacionalización da economía galega.
Do mesmo xeito, subliñou o compromiso da Xunta con esta industria e coa creación de emprego e a atracción de investimentos cara á comunidade.
Novo edificio de Zara
O responsable do Executivo autonómico, que estivo acompañado pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, foi recibido polo conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras.
Durante a visita puido coñecer o novo edificio no que traballan os equipos de deseño, de patronaxe e outros perfís comerciais de Zara. Trátase de unhas instalacións de máis de 170.000 metros cadrados nas que a compañía aposta pola sustentabilidade e a eficiencia.