Luz verde da UE a Zendal para comercializar a súa vacina para tres serotipos de lingua azul en ovino

A vacina mellora a protección do gando ovino e simplifica a vacinación fronte a tres dos serotipos "con maior impacto epidemiolóxico, que poden circular de forma simultánea”.

Sede de Zendal en O Porriño

Sede de Zendal no Porriño. Google Street View

Zendal, a biofarmacéutica con plantas en O Porriño, León, Barcelona e Paredes de Coura (Portugal), conseguiu a autorización de comercialización da Axencia Europea de Medicamentos (EMA) da primeira vacina trivalente fronte aos serotipos 1, 4 e 8 do virus da lingua azul, destinada a ovinos.

Segundo explicou a compañía nun comunicado, esta vacina mellora a protección do gando ovino e simplifica a vacinación fronte a tres dos serotipos “con maior impacto epidemiolóxico, que poden circular de forma simultánea e xerar importantes consecuencias sanitarias e económicas na gandería”.

Vetia Animal Health, filial de Zendal especializada en sanidade animal, será a encargada de comercializar en España e Portugal esta nova vacina fronte a tres serotipos simultáneos.

En 2025, Zendal suministrou máis de 55 millóns de doses de vacinas fronte á lingua azul e á enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE), ambas enfermidades víricas transmitidas por vectores.

Comenta el artículo
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp