O ‘caso Montoro’ pon na diana as axudas á industria electrointensiva en Galicia
Un informe incluído no sumario do 'caso Montoro' vincula a permanencia das primas por interrumpibilidade á industria en 2012 coa celebración de eleccións autonómicas en Galicia

Un informe da Dirección Xeral de Policía da Generalitat catalá pon as primas por interrumpibilidade no foco polo denominado caso Montoro.
Segundo a axencia Europa Press, este documento analiza as modificacións normativas que afectaron ás eléctricas, “para facer constar, sinteticamente, as vicisitudes que acompañaron os cambios lexislativos que afectaron ás empresas eléctricas, durante o período en que se desenvolveron os acontecementos investigados”.
A Policía da Generalitat sinala que “parece ser que a aprobación desta norma xerou conflitos entre os Ministerios de Industria e Hacienda, xa que, por primeira vez, establecíase que unha parte do déficit tarifario xerado pola producción eléctrica fora sufragado con diñeiro público”.
Neste sentido, recorda que o proxecto de lei “foi obxecto de multitude de propostas de veto e emendas” e, de entre todas, destaca a presentada polo grupo Izquierda Plural, que foi xustificada por Laia Ortiz. “Hai que ter en conta que este debate producíase mentres se levaba a cabo a campaña electoral polas eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2012”, advirte o informe.
E cita unha intervención de Laia Ortiz que “f facía referencia ao feito que a proposta do Goberno da nación de subir as primas por interrumpibilidade obedecía ao interese por compensar á industria galega”.
“Sobre este particular, o diario La Voz publicaba unha noticia onde identificaba a oito grandes industrias galegas, entre elas Ferroatlántica, Megasa, SGL Carbón, Finsa, Elnosa, Celsa Atlántica e Alcoa como beneficiarias de uns 50 millóns de euros en primas polo servizo de interrumpibilidade”, recolle o documento policial incluído no sumario.
Ademais, indica que durante a tramitación desta norma foron aprobadas as emendas presentadas polo grupo do PP e unha das presentadas polo grupo do PNV, relativa a taxas para a importación de electricidade de Europa.
“Nalgunhas das intervencións, varios grupos políticos aludían a que a reforma enerxética se convertera nunha lei de Montoro, xa que o que facía era recadar novos impostos. Tamén se criticou o aumento do tipo impositivo dun 6 a un 7 por cento e a subida de gastos pola interrumpibilidade. O 2 de xaneiro de 2013 o Congreso dos Deputados aprobou definitivamente o texto”, expón.
A voltas coa necesidade das axudas por interrumpibilidade
No informe, a Dirección Xeral de Policía da Generalitat catalá refírese ao servizo de interrumpibilidade, “unha ferramenta de xestión da demanda para dar unha resposta rápida e eficiente ás necesidades do sistema eléctrico segundo criterios técnicos (de seguridade do sistema) e económicos (de menor custo para o sistema)”.
Así, no estudo doutras reformas normativas, como a correspondente ao Real Decreto Lei 9/2013, de 12 de xullo, polo que se adoptan medidas urxentes para garantir a estabilidade financeira do sistema eléctrico, recolle críticas da deputada polo grupo mixto Teresa Jord…