O Clúster de Turismo denuncia «falta de vontade política» ante a redución de Ryanair en Galicia

O seu presidente, Cesáreo Pardal, calcula que o peche da base de Ryanair en Lavacolla e a cancelación das súas rutas a Peinador suporán a perda de 1,2 millóns de asentos en Galicia.

Cesáreo Pardal, presidente del Clúster Turismo de Galicia / EP

Cesáreo Pardal, presidente del Clúster Turismo de Galicia / EP

O presidente do Clúster Turismo de Galicia carga contra o Goberno pola fuxida de Ryanair de Lavacolla e Peinador. Cesáreo Pardal lamentou este mércores que a política aeroportuaria do Executivo central con Galicia é “insuficiente e desoladora” e desde o sector temen a subida do prezo dos billetes.

En declaracións a Europa Press, Pardal recoñece que o movemento de Ryanair xerou “moita preocupación”, aínda que xa eran coñecedores desta posibilidade desde hai un ano. Segundo os seus cálculos, trátase dunha perda de 1,2 millóns de asentos, algo que “pode repercutir negativamente” nas cifras de ocupación hoteleira de toda a comunidade, e ademais supón “unha das peores novas para a desestacionalización”.

“Cada vez estamos máis illados”

Neste sentido, Pardal denunciou a “falta de vontade política” por solucionar o tema da descoordinación aeroportuaria que hai entre os tres aeroportos, ao que se suman as “insuficientes frecuencias” de AVE. “Cada vez estamos máis illados nesta Comunidade e xogamos en clara desvantaxe con outros destinos á hora de competir”, sinalou.

Desde o sector ven un panorama “francamente negro”, posto que o resto das compañías tampouco ten avións para colocar en novas rutas que veñan a Galicia. Tamén, preocupa o aumento do prezo dos billetes, condicionado por unha maior demanda de voos. “Os billetes en Galicia son moitísimo máis caros que noutros aeroportos. Custa cada vez saír moito máis, porque a demanda é moito maior que a oferta e os algoritmos das compañías así o detectan”, explicou.

Con todo, lamentou que quen se van ver prexudicados son todos os cidadáns da comunidade e os turistas que queiran vir coñecela.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta