O Goberno sentenza a Altri e denégalle a conexión eléctrica para o proxecto de Palas de Rei.
O Executivo non só deixou sen axudas dentro dos Perte a fábrica de fibras téxtiles, agora, o secretario xeral do PSdeG, Gómez Besteiro, avanza que tampouco terá a subestación eléctrica que solicitaba nin a conexión á rede.

Recreación de la fábrica de Altri de pasta celulósica y fibras textiles proyectada para Palas de Rei. Greenfiber
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avanza que o Goberno central denega a subestación eléctrica de Altri que demandaba para o seu proxecto en Palas de Rei (Lugo), así como a conexión eléctrica necesaria para o seu funcionamento. Este requisito mostra-se fundamental para que o proxecto avance, xa que o deixa sen conexión á rede. Todo isto, ademais, tendo en conta que o Executivo central deixou o proxecto Gama sen fondos procedentes dos Perte.
En rolda de prensa en Santiago este luns, Gómez Besteiro afirmou que Altri será excluída da planificación eléctrica 2025-30 ao non cumprir cos requisitos necesarios, tal e como tiña expresado previamente nunha entrevista coa Cadena SER.
Comunicación á Xunta
Agora, está pendente unha reunión este martes, 23 de setembro, entre representantes do Goberno central e a Xunta para trasladar esta decisión. “Supoño que chegará momento de que se faga esa comunicación”, explicou Besteiro.
A preguntas dos medios, Besteiro sostén que “non se trata de desvelar” esta negativa, senón que fai esta valoración con base nos “requisitos” necesarios socioeconómicos e medioambientais. “Non fago ningún tipo de anuncio gobernamental, que non é o meu papel”, dixo, tras apuntar que o Goberno “tomará” esta decisión.
“Triple non” do Goberno central
Desa forma, o líder dos socialistas galegos destaca o “triple non” do Goberno a Altri tras descartar que teña axudas do Perte de descarbonización e de axudas europeas “de forma extraordinaria” por 250 millóns.
Nos últimos meses, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, denunciou a falta de conexión por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica á planta de Altri. “Unha fábrica se non se pode enchufar, non pode funcionar”, clamou no Parlamento.