Os números de Externa: aumentan un 28% os seus ingresos e prevén superar os 72 millóns en 2025
A compañía coruñesa especializada, entre outros, na xestión integral de recursos humanos, ten como obxectivo alcanzar os 100 millóns de facturación en 2027.

Foto de familia de la convención de Externa en A Coruña
A compañía galega Externa incrementou a súa facturación entre xaneiro e xullo nun 28,5% respecto ao mesmo período do 2024 e prevé superar os 72 millóns en ingresos ao peche do actual exercicio. A firma, con sede na Coruña, está especializada en xestión integral de recursos humanos, traballo temporal, externalización de servizos (outsourcing), recrutamento-selección e formación.
Segundo explican desde a empresa, só ata xullo a empresa alcanzou un grao de cumprimento para España e Portugal do 102% do obxectivo previsto para os 7 primeiros meses do exercicio. “Esos datos tradúcense nun crecemento de Externa do 28,5% entre xaneiro e xullo deste ano, fronte ao mesmo período de 2024, sempre coa vista posta no obxectivo dos 100 millóns de euros de facturación no horizonte de 2027, tal e como recolle o Plan Estratéxico 2023-2027”.
A todo iso a compañía engade un “máis que notable” aumento da implantación territorial, que fai dous anos deu o salto ao mercado internacional a través das súas delegacións en Portugal (Lisboa e Porto), ambas baixo a marca WinWorking by Externa. A súa rede de oficinas en España alcanza xa o número de 17: dúas na Coruña (incluídos os seus servizos centrais), Santiago, Vigo, Pontevedra, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Mollet del Vallés, Martorell, Valencia, Enguera (Valencia), Alicante, Cartaxena, Sevilla, Bilbao e Torrelavega (Cantabria). A rede complétase coas dúas delegacións en Portugal, que permiten á empresa operar non só no país veciño, senón tamén noutros mercados internacionais.
Convención anual
Este xoves, 23 de outubro, tivo lugar no Club Empresarial Nordés da Coruña do equipo comercial de Externa. O encontro, encabezado polo CEO, Pastor López Docampo, e o seu director xeral, Fernando Berdugo, serviu para analizar a marcha da empresa nos sete primeiros meses do ano (facturación, marxes, visitas comerciais, venda nova conseguida…), así como para que os directores e territoriais plantexasen tamén as súas propostas para mellorar, tanto os servizos para os clientes, como os resultados en cada unha das súas oficinas e áreas de influencia.
A reunión de directivos na Coruña foi tamén un termómetro para medir o grao de cumprimento dos obxectivos das distintas áreas de negocio de Externa (traballo temporal, outsourcing, selección directa e formación), “preparándonos para un último cuatrimestre do ano que se caracterizará por unha intensísima actividade comercial e no que desenvolveremos tamén accións especiais para a mellora da eficiencia e a rendibilidade”, en palabras de López Docampo.
Sobre como alcanzar os obxectivos fixados, o CEO plantexou entre outras cousas “poñer o acento na captación de talento humano, o crecemento orgánico, con novas aperturas de delegacións en zonas de interese estratéxico, a consolidación do crecemento en Portugal, o desenvolvemento de novos sectores de actividade, o crecemento inorgánico mediante a compra de outras empresas do sector, ou a mellora da calidade do servizo”.