Os traballadores de Losán, en pé de guerra: «Levamos catro meses sen cobrar e non vemos solución»

Un grupo de traballadores da segunda madeireira galega concentrouse fronte ás oficinas da compañía na Coruña para esixir o cobro dos salarios e información sobre o futuro dos seus empregos.

Imagen de la protesta de trabajadores de Losán frente a las oficinas de A Coruña / CIG

Imaxe da protesta dos traballadores de Losán fronte ás oficinas da Coruña / CIG

Os traballadores de Industrias Losán retoman o seu calendario de mobilizacións. Un grupo de empregados da segunda madeiraira galega concentráronse este martes diante das oficinas da compañía na Coruña para esixir o cobro inmediato dos seus salarios e información concreta sobre o futuro dos empregos e da actividade produtiva.

A plantilla mantén así as protestas “diante do impago reiterado dos salarios e a incapacidade da dirección para resolver o crítico estado financeiro do grupo”, segundo sinala a CIG. “Levamos catro meses sen cobrar, camiño de cinco, e non vemos solución”, censurou o presidente do comité de Industrias Losán en Curtis, Xosé Anxo Sánchez, que considera que esta situación “afoga” ás familias.

Sobre este punto, Sánchez denuncia que o persoal “non ten constancia” de ningún plan de viabilidade “que garanta a continuidade dos case 200 empregos directos que xeran as fábricas de Curtis e Vilasantar“.

Ademais, engadiu que a última información transmitida pola dirección “refírese a que están a elaborar un plan de reestruturación da débeda, que a próxima semana presentarán ao Xulgado do Mercantil“.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp