Amancio Ortega volve a mirar aos EUA, que recupera o posto de primeiro mercado inmobiliario de Pontegadea
Despois dun 2024 no que o grupo de Roberto Cibeira centrou as súas compras en Europa, este exercicio o americano volve ser a súa primeira praza inmobiliaria tanto por operacións como polo volume das mesmas.