Plaintec, construtora de Zara, Aldi e Burger King, dispara un 35% os seus ingresos, ata os 41 millóns.

Plaintec Obras e Servizos, con domicilio social no concello pontevedrés de Tui, alcanzou un beneficio de 7,79 millóns, por riba dos máis de tres que colleitou en 2023.

Imagen exterior de la sede de Plaintec en Tui

Sede de Plaintec en Tui. Plaintec

Plaintec Obras e Servizos crece a dous díxitos. A construtora con domicilio social en Tui, que desenvolveu proxectos para firmas como Zara, Burger King ou Aldi, entre outros, pechou o 2024 cunha facturación de 40,81 millóns, un 35% máis dos 26,29 millóns que alcanzou o exercicio anterior.

Segundo figura nas contas depositadas ante o Rexistro Mercantil e consultadas por Economía Dixital Galicia a través da solución analítica Insight View, a construtora fundada por Roberto Pardo Diz alcanzou un beneficio de 5,98 millóns fronte aos 2,43 que colleitou en 2023. Pola súa banda, o resultado de explotación, propio da actividade da empresa, alcanzou os 7,79 millóns, máis do dobre dos 3,07 millóns do ano anterior.

“Plaintec nace en 1999, froito da inquedanza dun grupo de novos técnicos, co obxectivo de ofrecer novas solucións e métodos de traballo a un sector maduro como o da construción”, explican desde a compañía.

A construtora especializada en proxectos industriais, retail e hoteis, conta cun patrimonio neto de máis de 12 millóns, fronte aos 7,5 do 2023, e manexa uns activos de 20,34 millóns, case 6 máis que os que controlaba o exercicio anterior.

No seu portafolio de traballos tamén se atopan proxectos desenvolvidos para firmas como Mercadona, Bimba y Lola, El Corte Inglés, Kiwoko, Domino´s ou Caixabank.

Plaintec Inversións

Plaintec Obras e Servizos forma parte do grupo Plaintec Inversións, que pechou o 2024 cunha facturación de 42,23 millóns, un resultado de explotación de 15,37 millóns e un beneficio de 13,51 millóns, segundo figura nas contas depositadas no Rexistro Mercantil. Pola súa banda, os activos alcanzaron os 27,72 millóns e o patrimonio neto os 17,43 millóns.

Ademais da construtora, forman parte do grupo as sociedades Amoralia, centrada no coidado e atención de persoas de terceira idade; Larrosa Artesáns da Madeira, que teñen como actividade a execución de traballos propios da carpintería e a súa comercialización tanto a nivel nacional como internacional; e Plaintec Global, dedicada á execución de traballos propios da carpintería e da súa comercialización, e o asesoramento de proxectos inmobiliarios.

Tamén forman parte do grupo Tydeo Real Estate, que ten por actividade a adquisición, xestión e enaxenación de accións ou participacións noutras sociedades; e a filial Plaintec LDA coa que constrúe en Portugal.

De todas elas Plaintec Inversións controla o 100% do accionariado de forma directa, salvo da filial portuguesa na que participa de forma indirecta cun 5%.

“Durante o exercicio 2024 todas as empresas pertencentes a este grupo consolidado experimentaron un incremento na súa cifra de negocio con respecto ao ano anterior”, explica a memoria que acompaña ás contas na que prevé “que a cifra de negocios manteña unha tendencia crecente durante o ano 2025”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta