Terras Gauda únese a un proxecto internacional para mellorar a saúde dos solos.
A adega galega, que exporta a máis de 60 mercados, incorpórase a LivingSoiL, promovido por 48 empresas, grupos científicos, centros tecnolóxicos e universidades de Europa.

Viñedo de Terras Gauda en O Rosal
Terras Gauda dá un paso máis na súa estratexia de sostibilidade ao sumarse a un novo proxecto de cooperación internacional para mellorar a saúde dos solos. A adega galega, que comercializa máis de 2,6 millóns de botellas e exporta a máis de 60 mercados internacionais, incorporouse a LivingSoiLL, promovido por 48 empresas, grupos científicos, centros tecnolóxicos e universidades de Europa.
O propósito do estudo é preservar solos saudables para as xeracións futuras. O método para lograr resultados é implementar un novo paradigma de xestión do solo, baseado no monitoreo, a restauración e a súa protección con intercambio de información e experiencias entre viticultores, agricultores, científicos, empresas e institucións de diferentes países. Da experiencia coa nova fórmula de xestión preténdese extraer solucións locais para reducir a erosión, mellorar a estrutura, minimizar o impacto do uso intensivo de recursos, aumentar o almacenamento de auga e a biodiversidade.
Os laboratorios do solo
LivingSoiLL apadriña cinco laboratorios vivintes da saúde do solo, con 50 sitios de demostración en Francia, Italia, Portugal, Polonia e España. Terras Gauda forma parte do Living Lab Luso-Galaico, para o que se seleccionaron tres parcelas de viñedo con diferentes orientacións, pendentes e idades das cepas.
O equipo técnico da adega e da Universidade de Vigo xa está co-deseñando, probando, monitoreando e avaliando solucións en escenarios da vida real, para mellorar a súa efectividade na saúde do solo. O proxecto está liderado pola UTAD e financiado con 12 millóns de euros polo programa HORIZON-MISS-2023-SOIL-01-08.
O viñedo sostible
A aposta por unha maior sostibilidade é firme en Terras Gauda desde hai anos. Esta foi a liña de traballo de Novaterra, que finalizou recentemente. O obxectivo inicial foi promover a xestión do viñedo segundo criterios medioambientais: implementar estratexias viables para reducir o uso e o impacto negativo dos pesticidas.
Os resultados foron positivos logrando, nunha das probas do solo, reducir un 30% a fertilización con nitróxeno sen afectar á cantidade nin á calidade da colleita. Na proba de implementación de coberturas vexetais e florais para fortalecer o control biolóxico das pragas grazas ao aumento da biodiversidade, comprobouse que na parcela con estas coberturas sembradas, redúcese o número de insectos praga e incrementa a fauna útil.
Robótica, IA e Big Data
Terras Gauda conseguiu rebaixar un 75% o uso de fitosanitarios grazas á aplicación precisa e xeoreferenciada unicamente nas plantas afectadas con FlexiGrobots, o proxecto de cooperación internacional en robótica aérea e terrestre, intelixencia artificial e big data do que formou parte durante 3 anos.
Outro dos resultados notables foi diminuír máis dun 50% o tempo de chegada da uva recentemente vendimiada á adega. Os resultados puideron corroborarse debido a que o viñedo da adega foi un dos campos piloto, no que con unha flota de robots de terra e drones traballaron colaborativamente e integrados nun IoT (internet das cousas).