BBVA impulsa a internacionalización de máis de 5.400 pemes de Galicia.
A entidade financeira pon á disposición das pemes varias ferramentas para o seu salto ao exterior, como un test de autodiagnóstico exportador, unha avaliación dos mercados máis adecuados ou un servizo de identificación de clientes.
Sede de BBVA
BBVA impulsou a internacionalización de máis de 5.400 pemes de Galicia nos nove primeiros meses de 2025. O banco pon á disposición das empresas unha solución integral para que poidan analizar o seu potencial exportador, identificar oportunidades e xestionar a súa estratexia comercial no exterior de forma sinxela, áxil e dixital. Estas ferramentas de acompañamento facilitan e simplifican o salto internacional destas pemes.
En un comunicado, a entidade financeira destaca un test de autodiagnóstico exportador, que permite ás empresas coñecer o seu grao de
preparación para operar no exterior e unha ferramenta que recomenda os mercados máis adecuados segundo o produto ou servizo de cada compañía, ambos ofrecidos por Oftex, en virtude do Convenio de colaboración subscrito co banco.
Ademais, as pemes poden acceder a un servizo de identificación de clientes internacionais e á xestión comercial das oportunidades xeradas. “Estas solucións axudan ás empresas a definir e executar a súa folla de ruta internacional co apoio de expertos en comercio exterior“, sinalan en BBVA.
Provedores internacionais
Outra das vantaxes que ofrece BBVA atinxe ás compañías que buscan ampliar a súa rede de provedores ou explorar novas cadeas de subministración. O cliente terá á súa disposición un identificador de provedores internacionais e un servizo de consultoría personalizada sobre comercio exterior. Con esta oferta, o banco reforza o seu compromiso de axudar ás pemes nos seus plans de crecemento, facilitándolles recursos concretos para abordar con éxito a súa expansión internacional.
“Queremos que as empresas dean o salto ao exterior con seguridade e acompañadas da man do mellor talento, co noso equipo de especialistas en comercio exterior. Xestores especializados que coñecen á perfección á empresa cliente para poder brindar apoio personalizado desde o primeiro momento”, explica o director de Comercio Exterior de Pemes de BBVA en España, Juan José Fuentes Saiz de Bustamante: “A nosa prioridade é ofrecer solucións reais e accesibles para que as pemes españolas poidan competir en igualdade de condicións nos mercados internacionais e aproveitar todas as oportunidades que ofrece a globalización”, engadiu.