Actualizado
Descargue a sexta edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida
O estudo, impulsado por Economía Dixital Galicia, analiza o compromiso das empresas na xeración de riqueza sostible en base aos resultados obtidos en catro grandes categorías: bo goberno, medio ambiente, contorna e persoas.
Portada da sexta edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida
Este martes presentouse no San Francisco Hotel Monumento de Santiago a sexta edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida. O estudo, impulsado por Economía Dixital Galicia, analiza o compromiso das empresas na xeración de riqueza sostible en base aos resultados obtidos en catro grandes categorías: bo goberno, medio ambiente, contorno e persoas.
Na última edición participaron 80 empresas cunha facturación conxunta de máis de 56.000 millóns, o que representa case o 70% do PIB galego. Se queres ler o informe completo podes descargalo aquí: