Os empresarios galegos aplauden o Atlas: “Pón en valor o que xa estamos a facer e indica onde podemos mellorar”

O director de Sostibilidade de Profand reivindica que as empresas seguen dando "pasos adiante" na materia a pesar das tensións xeopolíticas e a CEO de Equipos Lagos pon en valor as "solucións imaxinativas" das pemes a pesar dos seus "recursos limitados".

Antonio Álvarez, director de sustentabilidade de Profand; Raquel Lago, CEO de Cabinas Lago; e Francisco Silva, delegado de Iberdrola en Galicia

O Atlas Galego da Empresa Comprometida suma a súa sexta edición e consolídase como unha ferramenta de referencia para calibrar o grao de avance da aposta pola sustentabilidade no tecido produtivo galego.

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela acolleu a presentación deste estudo no que participaron 80 empresas cunha facturación conxunta de máis de 56.000 millóns de euros. “O Atlas Galego da Empresa Comprometida está a coller cada vez máis peso, hai máis compañías participando e estáse a axudar ás empresas a focalizar onde temos que ir”, subliñou o director de Sostibilidade de Profand, Antonio Álvarez.

Segundo Álvarez, a velocidade dos avances en materia de sustentabilidade “pode cambiar dependendo de circunstancias” como as actuais, que veñen determinadas pola guerra en Irán e a escalada dos prezos da enerxía. Pero, a pesar de coyunturas tan adversas como a actual, Antonio Álvarez constata que “non se están dando pasos atrás”. “Estánse dando pasos adiante e estáse a mostrar no Atlas”, defendeu.

Nesta mesma liña, o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva, destacou que a “aposta pola sustentabilidade” é “exixible para a propia evolución da empresa” e reivindicou que “o número de persoas que se congregou” no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela así o certifica.

Segundo Antonio Álvarez, o Atlas permite “ver que empresas pequenas ou de tamaño medio focalizadas en Galicia ou con visión exportadora están a incorporar a sustentabilidade”. “Eu creo que ten que ser un exemplo para que todas as empresas do seu tamaño vexan que é posible, que é unha ferramenta de axuda para desenvolverse como empresa e que axuda tanto á parte exportadora como á parte económica”.

Os “recursos limitados” das pemes

O Atlas Galego da Empresa Comprometida incorporou por primeira vez nesta edición a Equipos Lagos. A empresa con sede en Bergondo roza os 70 traballadores na plantilla e consolidouse como referente na fabricación de cabinas de pintura para sectores como o automovilístico, o aeronáutico, o ferroviario ou o madeireiro.

A súa CEO, Raquel Lago, considera que o Atlas permite “poñer en valor o que xa estamos a facer as empresas en canto a sustentabilidade ou achega á comunidade”. “Nós cremos moito no entorno e intentamos facer sempre a fabricación en Galicia. Entón poñer todo iso en valor é moi interesante”.

“Por outra banda, permítenos facer o exercicio de preguntarnos onde estamos dentro de todo este Atlas. Vénnos moi ben para poñer en valor o que xa estamos a facer e onde podemos mellorar tamén, porque sempre hai cousas que se poden facer mellor. Sobre este punto, Raquel Lago reivindica o esforzo que implican este tipo de iniciativas para unhas empresas, as pemes, que “nos caracterizamos por ter recursos limitados”.

“Entón hai veces que hai moitas solucións imaxinativas que quizais non entran dentro dunha certificación que efectivamente ten moito valor pero quizais non sempre a fas desde ese paraugas pero si que estás a facer outras cousas”, defendeu.

A sexta entrega do Atlas Galego da Empresa Comprometida contou co apoio da Xunta de Galicia, Profand, Gadisa, Copasa e Cobre San Rafael.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp