González Formoso: “Para cumprir cos ODS non chega a acción municipal, tamén a cooperación estatal e autonómica”

O presidente da Deputación da Coruña destacou na presentación do Atlas Urbano que este non fomenta a “competitividade” entre cidades, senón que marca indicadores útiles para mellorar

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, en la presentación del Atlas Urbano de la Sostenibilidad en Galicia

El presidente de la Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, en la presentación del Atlas Urbano de la Sostenibilidad en Galicia. Foto: Xurxo Lobato

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou este xoves na presentación da segunda edición do Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia, un proxecto de Economía Dixital Galicia cuxa posta de longo tivo lugar en Santiago de Compostela, na Fundación RIA, que impulsa o prestixioso arquitecto David Chippefield. O estudo, que está dispoñible para a súa descarga gratuíta, presenta unha análise comparada do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nas sete cidades galegas. Trátase, segundo o tamén alcalde das Pontes, dunha ferramenta útil para establecer indicadores de cumprimento “pero que non fomenta a competitividade” mal entendida entre urbes.
O proxecto conta coa colaboración e o patrocinio das deputacións da Coruña e Lugo, así como de Sogama, Reganosa, Iberdrola e Espina (Grupo Valtalia).

Alcanzar os ODS de Nacións Unidas

Así, na presentación do novo Atlas Urbano, González Formoso destacou os ODS marcados por Nacións Unidas como unha serie de obxectivos “que deben implicar no seu cumprimento a toda as sociedades e as distintas institucións”. “Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que se analizan no Atlas non deixan de ser a definición de ferramentas útiles para todos aqueles que temos un papel que exercer na consecución dese mesmo obxectivo, son unha serie de indicadores que nos din se imos no bo ou no mal camiño”, opinou. Así, o dirixente socialista quixo felicitar aos impulsores do Atlas, coordinado polo sociólogo Xosé Gabriel Vázquez, por incorporar na súa análise factores medio ambientais, pero tamén socioeconómicos, “xa que ambos están absolutamente relacionados”.

O informe, que nesta edición centrouse na análise do cumprimento dos ODS das cidades galegas, de acordo con os obxectivos da Axenda 2030 de Nacións Unidas, conclúe que as cidades galegas necesitan avanzar en materias como a igualdade salarial entre homes e mulleres, erradicar o desemprego xuvenil, o uso do transporte público ou a implantación da agricultura ecolóxica.

De acordo con os indicadores analizados, 83 por cada unha das cidades do estudo, Pontevedra (56,55 puntos sobre 100) e Santiago de Compostela (56,30) son as dúas urbes que presentan mellores resultados, seguidas da Coruña (50,62). Por baixo da barreira dos 50 puntos sitúanse Vigo (46,35), Ourense (45,87), Lugo (42,40) e Ferrol (37,85). A análise realizada sobre o cumprimento dos 17 ODS revela un “panorama heteroxéneo” nas cidades galegas, marcado tanto por avances significativos como por retos pendentes de desenvolver. A diversidade de resultados entre urbes tamén subliña a importancia de adoptar un “enfoque xeral integral e colaborativo”, segundo explicou Xosé Gabriel Vázquez.

Colaboración e competencias

Neste punto, o presidente da Deputación da Coruña apelou a unha necesaria colaboración interinstitucional. “Falamos da necesidade de cooperación entre as distintas cidades, pero hai que destacar que moitos dos factores que se analizan neste Atlas non son competencia municipal”, dixo. “Falamos por exemplo de sinistralidade laboral, pero aquí a administración local non ten ningunha competencia. Tamén se toca o tema dos saneamentos e abastecemento, onde si que hai competencia, pero con necesaria cooperación coa Xunta ou co Ministerio dependendo o caso”, razoou.

“Hai que ampliar o foco. Para cumprir cos ODS non chega coa acción municipal, é necesario, tamén, a actuación estatal e autonómica”, dixo, para indicar que o Atlas Urbano da Sostibilidade de Galicia expúxose nestas dúas edicións “desde unha análise prudente”, que non busca “a competencia insana entre cidades, senón ser un indicador para ir mellorando”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta