O Atlas Urbano destaca a loita contra a pobreza da Coruña, pero debe reducir a fenda de xénero

Xunto con Pontevedra e Compostela, a ciudade herculina é das máis cumpridoras en canto aos ODS, según o Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia

Vista aérea de la ciudad de A Coruña. EFE/Cabalar

Vista aérea de la ciudad de A Coruña. EFE/Cabalar

A Coruña destaca xunto con Pontevedra e con Santiago de Compostela entre as cidades galegas que presentan un maior grao de cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) marcados por Nacións Unidas e analizados polo Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia, proxecto de Economía Dixital Galicia que vai xa pola súa segunda edición e que a pasada semana foi presentado en casa RIA, a nova sede en Compostela da Fundación RIA, impulsada polo arquitecto David Chipperfield.

O estudo, coordinado polo sociólogo Xosé Gabriel Vázquez, dá un aprobado xeral ás sete cidades galegas. Todas teñen as súas peculiaridades, as súas fortalezas e as súas debilidades no cumprimento dos ODS. No caso da cidade herculina, os autores do Atlas destacan o seu avance na loita contra a pobreza (o ODS número 1), tendo unha taxa “notablemente baixa en comparación con outras cidades galegas”.

Este feito está ligado directamente co seu compromiso cos servizos sociais, aos que destina un orzamento considerable a nivel municipal para atender a aqueles colectivos en risco de exclusión social. Doutra banda, entre as súas fortalezas á hora de dar cumprimento aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles, tamén chama a atención pola súa xestión da auga e o seu saneamento: alta calidade da auga e tarifas accesibles a través dunha empresa municipal, Emalcsa.

Nesta segunda edición do Atlas Urbano de ED Galicia, no que se mide o grao de cumprimento dos 17 ODS nas cidades galegas, os autores do estudo destacan que «a taxa de risco de pobreza (14,47%) na Coruña é un indicador positivo en comparación con outras cidades galegas». Igualmente, alcanza cotas moi positivas en canto á xestión e acceso da auga.

«A cidade dispón da mellor calidade de auga posible (índice de 100 sobre 100), destacando por encima do resto das urbes galegas, un aspecto relevante para o correcto desempeño noutros obxectivos relativos á saúde e o benestar da poboación. Ademais, A Coruña ofrece unhas tarifas polo abastecemento doméstico que son relativamente baixas (0,58€/m³), se se comparan co resto das cidades galegas, o que permite un acceso económico a un recurso esencial», explica o informe, que pode descargarse de forma gratuíta na páxina de Economía Dixital Galicia.

Con todo, o Atlas Urbano da Sustentabilidade chama a atención tamén sobre aqueles aspectos nos que deben mellorar as cidades (que non teñen por que ser competencia municipal). Os maiores retos en canto aos ODS da cidade herculina son o obxectivo do “fame cero” e a igualdade de xénero, especialmente no que incumbe á brecha salarial entre homes e mulleres e o alto grao de denuncias por violencia contra as mulleres.

Más desigualdades en salario

O Atlas Urbano de ED Galicia apunta a que A Coruña rexistra un dos peores datos das cidades galegas en canto a fenda salarial nas pensións. En xeral, destaca a disparidade de ingresos entre homes e mulleres en toda a provincia, que poden chegar ata a un 40%, mentres que no que incumbe exclusivamente ás diferenzas de salario, as oscilacións chegan ao 24%.

Doutra banda, o Atlas chama tamén a atención sobre a aposta polo “transporte sostible” na cidade herculina, é dicir, o uso da cidadanía de métodos de transporte públicos e colectivos máis aló do coche particular.

Transporte e vivenda

O uso de transporte sostible destaca sobre o resto dos municipios (44,6%). “Neste sentido, o número de coches por cada 1.000 habitantes volve mostrar un dato positivo. É o rexistro máis baixo (434,89), o que redunda nunha menor saturación do tráfico e, potencialmente, unha mellor mobilidade”, apunta o estudo.

En cambio, a accesibilidade á vivenda na Coruña mostra unha posición máis desfavorable: os seus cidadáns gastan ata un 23,3% da renda niso.

O Atlas Urbano da Sustentabilidade en Galicia conta coa colaboración e o patrocinio das deputacións da Coruña e Lugo, así como de Sogama, Reganosa, Iberdrola e Espina (Grupo Valtalia).

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta