Ourense no Atlas urbano: sobresae en calidade da auga e transporte sostible pero ten maior risco de pobreza

O gasto destina á vivenda é o máis baixo en proporción á renda das sete urbes galegas, o que amosa un mellor acceso e un maior equilibrio entre a oferta e a demanda

Ferrol obtiene la valoración más baja en el Atlas Urbano de la Sostenibilidad en Galicia, aunque destaca en algunos de los Objetivos de Desarrollo Sostenible entre las ciudades gallegas / EFE / Kiko Delgado

Ferrol obtiene la valoración más baja en el Atlas Urbano de la Sostenibilidad en Galicia, aunque destaca en algunos de los Objetivos de Desarrollo Sostenible entre las ciudades gallegas / EFE / Kiko Delgado

Ourense aúna tanto desafíos coma logros no seu volume de cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados por Nacións Unidas e analizados polo Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia, proxecto de Economía Dixital Galicia que xa vai pola súa segunda edición, presentada o pasado mes de xuño en casa RIA, a nova sede en Compostela da Fundación RIA, impulsada polo arquitecto David Chipperfield.

Así, e dentro do aprobado xeral que o documento, coordinado polo sociólogo Xosé Gabriel Vázquez, dá a todas as cidades galegas, Ourense presenta fortalezas tanto na calidade e acceso da auga e saneamento como o uso de transportes sostibles como maiores debilidades en canto á taxa de risco de pobreza ou o gasto en servizos sociais.

Loita contra a pobreza e educación

Segundo o documento, que pode descargarse de forma gratuíta na páxina de Economía Dixital Galicia, no municipio de Ourense “hai unha proporción maior de persoas con ingresos baixos que na maioría das urbes galegas, xa que un 6% da poboación ourensá vive por baixo do limiar dos 5.000 euros de ingresos ao ano”. “Esta realidade, unida a un gasto en servizos sociais do 12% anual, apunta claramente a que hai que incrementar o investimento nestes aspectos para abordar, de maneira máis efectiva, as necesidades das persoas en situación de pobreza ou en risco de exclusión social. De feito, a taxa de risco de pobreza en Ourense marca un 18,01%, significativamente por encima da media urbana de Galicia (14,86%)”, expoñen os autores do informe.

Iso si, en canto ao grao de cumprimento dos ODS, destaca o feito de que Ourense é, das grandes cidades galegas, a que alcanza un grao máis alto de axuda alimentaria a persoas desfavorecidas. “En certa medida, isto supón unha evidencia: en Ourense hai consciencia sobre a asistencia a persoas en situación de vulnerabilidade a este respecto, procurando asegurar o acceso a alimentos, o cal é unha compoñente clave para combater as necesidades básicas alimentarias”, apunta o Atlas.

Hai que ter en conta, con respecto á renda media dispoñible, que presenta unha cifra, segundo os datos analizados no informe, de 21.887 euros anuais, a máis baixa entre as cidades galegas e lonxe dos 23.269,14 euros de media.

Destaca tamén Ourense polo maior orzamento en canto a educación. “O investimento por alumno no municipio é dos 199,75 euros, superior ao resto de concellos analizados”, indica o Atlas Urbano da Sostibilidade en Galicia. Os autores do mesmo, con todo, chaman a atención sobre a existencia dun menor cociente de persoas con acceso a educación superior, un apartado que lidera Santiago de Compostela, na súa condición de cidade universitaria e cun maior número de funcionarios. “En termos de acceso a servizos de educación infantil, Ourense ten un 78,28% de nenos matriculados en garderías, só superada por Santiago. A porcentaxe de quen ten o nivel de educación secundaria en Ourense está en consonancia co resto das cidades galegas, mentres que a poboación entre 25 e 64 anos con nivel de educación superior é do 21,71%, por baixo da media (24,83%)”, apunta.

Da fenda de xénero ao acceso á auga

Cunha fenda de xénero na taxa de poboación activa do 17,6%, Ourense tamén se sitúa entre as cidades nas que a discriminación no mercado laboral entre homes e mulleres ten menor incidencia. Neste caso destaca tamén Lugo.

Outro dos cocientes de cumprimento de ODS nos que destaca a cidade de forma positiva é o que ten que ver co acceso á auga e saneamento (o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 6). “Ourense mostra uns resultados sobresalientes en canto á calidade da auga (100/100), o que, comparativamente, sitúalle nunha posición privilexiada e destaca a eficacia dos seus sistemas de tratamento de auga. No que respecta ao prezo do abastecemento doméstico, a cidade termal tamén se sitúa ben, cun custo de 0,56 euros o metro cúbico de auga, por baixo de calquera outro municipio urbano galego”, indica o informe. En canto ao prezo do saneamento doméstico de auga, a capital ourensá volve destacar e presenta o valor máis baixo, con 0,44 euros/m³, en contraste coa media galega, que é case o dobre e sitúase en 0,73 euros por metro cúbico.

Outro dos retos da cidade está na mellora da taxa de reciclaxe. A de papel e cartón “é de 12,40 quilogramos per cápita ao ano, bastante inferior á media urbana (15,13 quilos)”. O mesmo ocorre coa reciclaxe de plásticos ou vidro, onde apenas supera os 13 quilos por persoa ao ano. “De feito, a taxa de separación dalgún residuo en Ourense é do 88,55%, unha das máis baixas entre as urbes analizadas, o que debe interpelar ás institucións e á cidadanía avanzar nesta materia”, expoñen os autores do Atlas.

O Atlas Urbano da Sostibilidadee en Galicia conta coa colaboración e o patrocinio das deputacións da Coruña e Lugo, así como de Sogama, Reganosa, Iberdrola e Espina (Grupo Valtalia).

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta