Baldaio está a morrer

Playa de Baldaio

Arquivo – Praia de Baldaio – Concello da Coruña

Levo toda a vida indo a Baldaio. Este verán a auga está verde, cheira mal e flota o peixe morto.

De neno, de mozo e agora de adulto, Baldaio foi o lugar de quen somos de Carballo. Lagoa, marisma, dunas, praia. Descanso e invernada para máis de 200 especies de aves. ZEPA recoñecida por Europa. Un dos humidais máis importantes de Galicia.

Está a morrer. E o peor non é a area: é a excusa.

Desde maio, o canal que comunica a lagoa co mar está tapado. Sen ese intercambio, a auga pudrécese: peixes e mariscos mortos, nubes de mosquitos ao caer o sol, familias que xa non levan os nenos a bañarse. E a depuradora segue vertendo auga cargada de nitróxeno a unha lagoa que non se renova. Iso é o que a pon verde.

E a Administración? Escúdase nun informe de cinco páxinas e media para concluír que abrir o canal “non é necesario”. O mesmo informe que xa avisaba de que isto ía pasar. O que nin sequera tivo en conta a depuradora.

Isto non é novo. A este espazo xa se lle quitou ao pobo unha vez, cando o saqueaban para vender a súa area. O pobo loitou e o Tribunal Supremo devolveuno. Agora está a morrer por desleixo.

Baldaio non é un “tema local”. É patrimonio de todos.

Non fai falta un milagre. Fai falta unha máquina e a vontade de usala.

Se isto che importa, compárteo. Que se fale. Que quen ten que actuar,
actúe.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp