Colleita vermella

O fragmentado panorama político patrio esixirá, por orde, pactos, consensos, posicionamentos e propostas orixinais e, como non, frontalmente enfrontadas.

El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, durante una sesión plenaria

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez – Jesús Hellín / Europa Press

Aberta finalmente a veda, toca velar armas. O panorama político patrio fragmentado (outra vez as tres inevitables ps tan nosas), esixirá, por orde, pactos, consensos, posicionamentos e propostas orixinais e, como non, frontalmente enfrontadas. O que si parece é que o xa cansino “e ti máis”, non vai resultar un argumento para convencer o electorado.

Unha novela negra

“Colleita vermella” é a obra inicial do primeiro creador da denominada como “novela negra”. Despois da elegancia dos detectives clásicos, con Sherlock Holmes á cabeza e o Dupin de Poe como antecedente, alumouse como propia unha tendencia ao realismo na narrativa policial norteamericana, máis centrada no tratamento do asasinato como unha das malas artes e o relato criminalístico asentado no duro ambiente delituoso, cheo de maleantes, foraxidos e mulleres fatais acompañando. Os seus dous mestres recoñecidos serían Raymond Chandler, autor da denominación hard-boiled (a roman noir francesa), e Dashiel Hammett, autor da mencionada “Colleita vermella”.

Moi centrado o subxénero nos aspectos máis evidentes do crime, tales como o medo, a violencia, a inxustiza ou a corrupción, os principais relatos adoitan ter un trasfondo de tratamento dos grandes vícios e as insondables debilidades humanas, sostido en descricións naturalistas e no carácter rudo e perverso dos seus homicidas. Frente a estes, uns detectives sagaces desprendidos de roupaxes extraordinarios que os converten en heroes máis humanos que os investigadores clásicos. No caso de “Colleita Vermella”, fronte ao que se podería pensar nun principio ao comezo da súa lectura, o tema, que non o argumento, xira arredor da manipulación, o manexo interesado e a maquinación exercidos mediante un propósito de eliminación. O axente da Continental, o sabueso da obra, así, sen nome, acabará resolvendo o caso enfrontando entre si aos catro mafiosos responsables da morte do fillo do seu millonario contratador, quen tiña a misión de limpar a cidade de malfeitores, cidade chamada nun principio Poisonville (Cidade Ponzoñenta). O resultado será unha provocada aniquilación final dos catro desalmados con intestina astucia.

O regreso do de sempre

Cando comezan as cábalas sobre o acontecer político, a menos de dous meses das eleccións, adoitan xurdir os vaticinadores e os arúspices sobre o resultado, coados os pareceres dos lugares de costume, o que denominamos utilizando o común como tópicos. Dous dos máis recorrentes, sobre todo actualmente aplicado ao panorama político patrio (si, si, as inevitables tres ps) son a lideranza e a dicotomía unión/desunión a diestra e seniestra.

Á dereita sempre se lle atribúe, cando a lideranza non é contundente, incluso adornada con algún atributo de masculindade evidente como o bigote, ausencia de ditado férreo. Frente ao bigote, a barba, non sabemos moi ben a razón, non ofrece contundencia; as patillas, ultimamente, si. A esquerda é máis proclive ao barbilampismo, salvo, curiosamente, no trópico utópico. Como a cara é o espello da alma, pois iso, tamén vai a cara descuberta. E no PP, a cara descuberta é tanto que carece de pelaxe, sobre todo por Madrid.

Outro tópico recorrente é a desunión da esquerda. É así e é tan gráfico, como que resulta obrigado para esta armar un Frankenstein tan complexo como singular. Quizais débese a que a igualdade, a súa bandeira clásica, admite tantas variantes como membros; e miembras, xa se sabe, todos/as somos iguais, aínda que algúns/as son máis iguais que outros/as. ¡Puuuf!

Ao chan que veñen os nosos

O panorama actual preséntase diferente. A lideranza contundente de Sánchez, forxada a golpe de “de fronte e ao lado ou en fronte e coa fronte”, personificada a testuz en Puente, vai verse seriamente lesionada polos innumerables contras que, agora si, o acosan a el, familia incluída. Pero unha posible divergencia interna sobre a férrea lideranza única na esquerda aínda gobernante vaticinamos que non se vai saber aproveitar pola dereita anhelante de gobernar como si soubo orquestrar o axente da Continental para acabar cos catro mafiosos. Como ben argumenta sentencioso, “o que hai que facer, hai que facelo”.

Sánchez terá que lidiar tanto dentro como fóra do seu partido, e non parece tarefa sinxela senón máis ben ardua e que conlevará un enorme desgaste. Parte do posible triunfo da dereita nas próximas eleccións moverase na capacidade de saber inocular o virus da discordia no suposto prado tranquilo socialista, sometido a unha aparente férrea disciplina, aínda que en surdo disenso… ata agora o de surdo. Que o electorado se o pague. Dos outros partidos, en temas de lideranza, nin falar.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp