O BNG cualifica de “espeitismo” o incremento do gasto social nos Orzamentos: “Nin é suficiente, nin é real”

A portavoz de Facenda, Noa Presas, sinala que os orzamentos son "insuficientes" porque "non se compensan os recortes acumulados do PP".

La diputada del BNG Noa Presas

La diputada del BNG Noa Presas – BNG – Archivo

O BNG considera que o incremento do gasto social nos Orzamentos para 2026 “é un espellismo” porque “nin é suficiente, nin é real”. Así o apuntou este sábado a voceira de Facenda do Bloque, Noa Presas, quen denunciou que existen tres razóns que “desmenten o relato” do Goberno galego ao cualificalos de “históricos”.

“A primeira é que se trata dun incremento insuficiente nun contexto de subida do IPC porque apenas se incrementa un 2%, mentres a inflación creceu un 2,7% en 2024, e o dato galego máis recente sitúase no 2,9%. Isto significa que temos uns orzamentos que en realidade están recortados”, recalcou.

A deputada do BNG indicou, a renglón seguido, que o Executivo de Rueda “fala dun aumento de 321 millóns de euros (un 3,1%) en gasto social”, pero, engadiu que “está inflando a cifra incorporando políticas de emprego”.

“Centrándose nos servizos públicos esenciais –Política Social, Sanidade e Ensino–, á espera de poder analizar a información con detalle”, Presas augurou que o alza “non cobre nin sequera o incremento dos prezos”, polo que “o resultado real será un recorte efectivo nos servizos públicos”.

En segundo lugar, esgrimiu que os orzamentos son “insuficientes” porque “non se compensan os recortes acumulados do PP”. A voceira nacionalista puxo como exemplo “a nova propaganda sobre saúde mental”. O Goberno galego promete 17 millóns de euros para o Plan Galego de Saúde Mental, “cando o Consello de Contas desmontou as promesas anteriores cun informe que lle saca os cores ao Goberno galego”.

Presas engadiu que “o mesmo sucede” coa Atención Primaria. “Os 1.747 millóns anunciados non compensan os case 2.000 millóns de recortes acumulados nin serven para que Galicia deixe de estar á cola da inversión no Estado”, afirmou.

Un “espellismo” que se dilúe con modificacións orzamentarias

En terceiro lugar, Presas tamén advertiu que as contas galegas planificadas para 2026 “son un espellismo porque se cambian constantemente con modificacións orzamentarias”. “É unha tomadura de pelo. Un espellismo que se dilúe con modificacións orzamentarias”, queixouse.

Como exemplo, puxo o foco no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para o que “se destinan 10 millóns máis nos orzamentos de 2026, pero no que vai de 2025 xa recortaron 17 millóns neste mesmo servizo”, de forma que a cifra prometida “nin sequera compensa o recorte que aplicou o Partido Popular neste ano 2025”.

Por tanto, concluíu que, “unha vez máis, os orzamentos non son históricos, non son suficientes e, por suposto, non son nin reais nin sociais”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta