Rueda celebra a caída de Maduro: «Ábrese unha etapa de esperanza para Venezuela»
O presidente da Xunta considera que Venezuela "ten todas as ferramentas para poder ser o gran país que foi no seu momento e que durante estes últimos anos, pola ditadura de Chávez e logo de Maduro, non foi posible"
Rueda comparece tras o Consello da Xunta. – DAVID CABEZÓN @ XUNTA
O presidente da Xunta celebra a detención de Nicolás Maduro polas forzas de Estados Unidos. Alfonso Rueda defendeu este martes que “ábrense unha etapa de esperanza” para Venezuela e “para todos os galegos que teñen relación co país” tras a detención dun Nicolás Maduro ao que cualificou de “tirano”.
Durante a celebración da Pascua Militar tras ser preguntado polos medios de comunicación sobre a situación en Venezuela, despois da operación militar levada a cabo este fin de semana por Estados Unidos no país e que se saldou coa detención de Nicolás Maduro.
Neste sentido, Rueda desexou que os venezolanos poidan decidir o seu futuro democraticamente, “como xa o decidiron no seu momento”. A xuízo de Rueda, Venezuela “ten todas as ferramentas para poder ser o gran país que foi no seu momento e que durante estes últimos anos, pola ditadura de Chávez e logo de Maduro, non foi posible, senón todo o contrario”.
Así mesmo, manifestou a súa “cercanía” con aqueles venezolanos que tiveron que irse do seu país por “a falta de liberdade e por a falta de recursos” para buscar “unha vida mellor” e que en Galicia “atoparon esa nova oportunidade”.
“Estivemos moi preto deles durante todo este tempo, durante toda a etapa que viviron aquí en Galicia, polo tanto, moitísimo máis agora, e tamén, por suposto, con todos os galegos que aínda viven en Venezuela e que nunca romperon os vínculos”, manifestou o presidente galego.