A Coruña sóbese ao tren

Quen concibiu o porto exterior alumeou o futuro desde a altura das grandes ideas

Imagen de archivo del Puerto Exterior de A Coruña en Punta Langosteira

Imagen de archivo del Puerto Exterior de A Coruña en Punta Langosteira

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

A Coruña é o seu porto e o porto é A Coruña. Forman unha única realidade dunha cidade que non se entende rompendo a ecuación. Langosteira é de novo unha oportunidade inmensa para as dúas partes, mais é unha realidade incompleta. Quen concibiu o porto exterior alumeou o futuro desde a altura das grandes ideas. As grandes ideas transcenden aos gobernos e convértense en proxectos de cidade, proxectos que van máis alá dunha xeración. Non chega coa inercia do movemento inicial para culminar con éxito a transformación dunha cidade e non se pode soñar o futuro dunha cidade sen ter en conta o desenvolvemento dunha sólida base económica. O problema é que durante demasiados anos houbo na Coruña quen renunciou a coller a bandeira para poder seguir avanzando. Non só renunciaron, senón que teimaron en converter unha inmensa oportunidade nunha eiva. Xa non é así.

Para que a cidade avance cara o futuro é irrenunciable e urxente un enlace ferroviario ao porto exterior

A gran idea esmorecía pola falta de valentía e incapacidade de diálogo e concreción. Inés Rey tivo a valentía política de poñer de novo o porto e a cidade no centro do debate. Fíxoo cunha única finalidae: rematar o que se empezou, dunha vez por todas, para que a cidade avance. Avance cara o mar e avance no deu desenvolvemento económico. Para iso é irrenunciable e urxente contar cun enlace ferroviario ao porto exterior.

Langosteira construíuse sen tren, infraestrutura esquecida durante case oito anos de Goberno popular en Madrid. Foi a alcaldesa da Coruña quen tivo a coraxe de poñer sobre a mesa un problema enquistado, encarrilando a súa solución. Foi ela quen decidiu que xa estaba ben de monólogos populistas e conseguiu sentar nunha mesma mesa a todas as administracións para facer aquilo ao que están obrigados os seus representantes: dialogar. E foi ela, en resumo, quen abriu a porta a que os problemas, por fin, deixen paso de novo ás oportunidades.

Os coruñeses e coruñesas temos dereito a defender o noso futuro, a loitar pola cidade que merecemos, e como galegos temos dereito a contar cun novo motor económico que permita o crecemento, máis necesario que nunca. Para acadar eses obxectivos precísase valentía política e capacidade de diálogo. Inés Rey ten as dúas cousas, e estou convencido de que o goberno de Pedro Sánchez saberá ver a oportunidade que representa para o futuro da Coruña a conexión ferroviaria a Langosteira e a integración do porto para mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns.

Hai dúas opcións: ser parte dos problemas ou subir ao tren das solucións

Por iso e porque temos claro que é o que temos que defender: o enlace ferroviario é irrenunciable, como irrenunciable é tamén que os coruñeses gañen unha cidade que chegue ao mar. E para acadalo a única vía posible é sentar a dialogar a todas as partes, algo que fixo Inés Rey por primeira vez en 18 anos. Sentalas para falar, si, pero tamén para algo que hai moito tempo que non se vía: escoitar. Cada quen terá que decidir se prefire ser parte dos problemas ou subir ao tren das solucións.   

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp