Feijóo ascende de novo a Miguel Tellado, que substitúe a Cuca Gamarra como secretario xeral do PP

O presidente do PP volve confiar no, ata o de agora, voceiro do partido no Congreso, cargo que ocupará a partir de agora a deputada leonesa Ester Muñoz

Miguel Tellado, presentando la campaña electoral de Feijóo en el 2020 en Galicia

Miguel Tellado, presentando la campaña electoral de Feijóo en el 2020 en Galicia

Novo ascenso para Miguel Tellado, un dos homes de máxima confianza de Alberto Núñez Feijóo, quen o acompañou na súa traxectoria desde o PP galego ata a presidencia do partido en Madrid, tras a debacle de Pablo Casado. O ferrolán, actual portavoz parlamentario no Congreso, será o novo secretario xeral da formación, en substitución de Cuca Gamarra. O cambio efectuarase no XXI congreso nacional que o PP celebra este fin de semana.

A vacante que deixa como voceiro do PP no Congresso será ocupada pola deputada leonesa e actual vicesecretaria de Sanidade e Educación do PP, Ester Muñoz.

“Toca relevo e pido relevo”

A posibilidade de que Tellado desse un novo salto dentro do partido era algo que se viña rumoreando desde o luns, cando Gamarra anunciou a súa intención de abandonar a Secretaría Xeral do PP –cargo que ten desde o congreso de abril de 2022 que terminou coa saída de Pablo Casado–. A política seguirá formando parte do comité de dirección do partido, previsiblemente á fronte da área de Xustiza.

“Toca relevo e pido relevo”, afirmou Gamarra nunha rolda de prensa, onde defendeu a “necesidade” de que a “estrutura do partido vaia adecuándose aos retos que ten o PP por diante”, ante os “gravísimos feitos” que están coñecendo en torno á “corrupción” do PSOE.

Tellado, ante as citas electorais

Agora, Feijóo apostará por Tellado como o seu novo número dous no Partido Popular, cargo desde o que se encargará de poñer o partido a punto para as próximas citas electorais. De momento, en 2026 hai eleccións en Castela e León e Andalucía.

Cando Feijóo foi elixido presidente en abril de 2022 apostou por Tellado como vicesecretario de Organización do PP, pero ese cargo deixouno en novembro de 2023 para facerse cargo da voceiría do Grupo Popular no Congreso.

Tellado é unha persoa da máxima confianza de Feijóo e, de feito, xa foi o seu secretario xeral do PP galego desde 2016 ata 2022 cando el estaba ao fronte da Xunta de Galicia. Considerado en Galicia como un dos fontaneiros do partido, dirixiu as dúas últimas campañas do agora presidente do PP en Galicia.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta