Así é Casa da Auga, a finca de luxo do arquitecto Joaquín Torres que aluga por 300 euros ao día

A vivenda, situada en Cabaña de Bergantiños nunha parcela duns 5.000 metros cadrados, conta con tres habitacións e un acceso directo ao mar cun embarcadoiro propio.

Casa de Auga

Casa de Auga. Imaxe: A-ceroLiving

En Cabaña de Bergantiños, a escasos 10 minutos das vilas de Laxe ou Ponteceso e a 40 minutos da cidade da Coruña, atópase a Casa da Auga, inmoble propiedade de A-cero, o prestixioso estudo de arquitectura e interiorismo fundado en 1996 por Joaquín Torres e Rafael Llamazares, que no seu portfolio de clientes conta con personalidades como Zinedine Zidane, Cristiano Ronaldo, Elsa Pataky, Borja Thysen, Luis Alfonso de Borbón ou Alejandro Sanz.

A vivenda, que conta cun acceso directo ao mar da Costa da Morte cun embarcadoiro propio, está dispoñible para o seu aluguer na plataforma Airbnb cun prezo de 288,5 euros por noite durante o mes de maio e esíxese unha estancia mínima de dúas noites. 

Captura de Airbnb

“Trátase dunha vivenda en dúas plantas, con entrada independente a cada unha delas. Cunha distribución de dous dormitorios, cociña, zona de salón – comedor e un baño completo en cada unha das plantas.  Está ubicada nunha parcela privada de uns 5.000 metros configurada como unha extensa lingua de terra cun litoral de 285 metros lineais, incluíndo dúas pequenas praias e un embarcadoiro”,  detállase en Airbnb.

Na descrición sinalase tamén que ao tratarse dunha parcela “nun enclave tan espectacular” está afectada pola lei de costas, algo que conleva “unha servidume de acceso peonil á praia”. Non obstante, segundo apuntan, “en pouco debería afectar ao desfrute e tranquilidade da vivenda”. 

Os números de A-cero

A sociedade que se atopa tras o estudo de arquitectura pechou o 2024 despedíndose dos números vermellos tras anotar unhas ganancias de 41.634 euros fronte ás perdas de 19.591 euros do ano anterior. 

Tal e como avanzou Economía Digital Galicia, A-cero Torres e Llamazares acadou uns ingresos no pasado exercicio de 1,43 millóns, un 17% por enriba dos 1,22 do 2023

Por outra banda, o resultado de explotación, o propio da actividade da empresa, acadou os 83.178 euros, por enriba do saldo negativo de 12.453 euros que se anotou o ano anterior. A compañía manexa uns activos de uns 721.116 euros, uns 164.000 por debaixo do 2023, mentres que o patrimonio neto pasou dos 73.237 euros aos 114.872.

En setembro do ano pasado Joaquín Torres informaba nas súas redes sociais dun novo proxecto en Galicia. Trátase da Casa de Outeiro, en Quiroga, un inmoble do século XIV abandonado desde a década dos 80 que o estudo rehabilitará para erguer un hotel, un salón de eventos e unha adega privada. Estímase que os traballos arranquen ao longo de 2026 e que requiran dunha inversión próxima aos cinco millóns de euros.

Comenta el artículo
Avatar
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp