A ministra de Transición Ecolóxica sentenza a Altri: “Non vai contar con axudas por parte do Estado”

A terceira vicepresidenta Sara Aagesen insiste: «Debemos defender proxectos que teñan salvagardas ambientais»

Sara Aagesen visita el sistema dunar de la playa de Samil en Vigo

La ministra para la Transición Ecológica, Sara Aagesen, descarta que Altri vaya a recibir ayudas públicas por parte del Gobierno en una visita a Vigo, acompañada del alcalde, el socialista Abel Caballero. Foto: Europa Press

O Goberno central volve lanzar un xerro de auga fría sobre Altri no que respecta á consecución de axudas públicas para o seu proxecto en Palas de Rei. Agora, a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, garantiu que o proxecto da pasteira lusa “non vai contar con axudas por parte do Estado”.

Ate o momento, o ministro de Industria, Jordi Hereu, amosárase cauto respecto da posibilidade de que a pasteira conseguise axudas, se ben quedou fóra das do Perte de Descarbonización. Tan só a vicepresidenta Yolanda Díaz, que forma parte de Sumar e non do PSOE, fóra tan taxante coma agora é a titular de Transición Ecolóxica.

“Garantías ambientais”

Interpelada pola prensa sobre a exclusión de Altri de axudas do Perte de Descarbonización, Aagesen respondeu: “Desde logo, é unha sinal clara de que ese proxecto non vai contar con axudas por parte da Administración Xeral do Estado”

“Entendemos que temos que sempre abogar por proxectos que teñan garantías ambientais”, deixou claro nun acto en Vigo xunto ao alcalde, Abel Caballero.

O proxecto de Altri obtivo a segunda peor puntuación entre todos os presentados ao Perte (plan de recuperación, transformación e resiliencia) de Descarbonización Industrial por cuestións como o uso de combustibles fósiles.

Prórroga renovables

Por outro lado, a vicepresidenta terceira, na súa visita a Vigo, valorou o “balón de osíxeno” que supón que o Goberno central aprobase o pasado martes unha prórroga nos prazos para executar os novos proxectos solares e eólicos que xa contan con todos os permisos pero que están en perigo de caducar e perder así o investimento e o punto de acceso á rede.

“Espero que o que aprobamos onte (por o martes) no Consello de Ministros tamén sirva, evidentemente, para aquí, para Galicia, para o territorio; para que eses proxectos conten con esa enerxía”, dixo.

Así, explicou que neste decreto tívose en conta o “cero de tensión” do apagón, así como “a importancia de evolucionar en todo o territorio e darlle a posibilidade a eses proxectos que están parados”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta