A Xunta dá luz verde a Votorantim para a planta na que producirá combustible a base de residuos

A Xunta de Galicia emitiu a declaración de impacto ambiental (DIA) favorable ao proxecto que promove Votorantim para levantar unha nave en Oural dedicada á produción de combustibles sólidos recuperados a partir de residuos industriais.

Imagen de las instalaciones actuales de Cementos Cosmos en Oural / Cosmos

Imagen de las instalaciones actuales de Cementos Cosmos en Oural / Cosmos

Respaldarazo a Votorantim. A Xunta de Galicia emitiu a declaración de impacto ambiental (DIA) favorable á construción dunha nova nave de produción de combustibles sólidos recuperados (CSR) a partir de residuos industriais e urbanos non reciclables no concello lucense de Sarria.

A través dunha nota de prensa, o Executivo galego explica que a decisión está “condicionada ao cumprimento das esixencias recollidas tanto nos distintos informes sectoriais emitidos sobre o seu impacto como na propia DIA co fin de minimizar e compensar os posibles efectos no entorno”. A maiores está traballando na autorización ambiental integrada (AAI) para completar o trámite ambiental.

A resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, foi publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), e fai referencia a unhas instalacións nas que se producirán os CSR que despois se utilizarán nos fornos de cemento.

Así é o proxecto

O proxecto localízase en Oural, ao sur de Sarria, e a nova edificación, que contará no exterior con unha zona pavimentada para o tráfico de vehículos, dividirase en tres zonas principais: unha de recepción e almacenamento do material entrante, outra cun triturador primario, e a terceira de almacenamento de CSR para a súa expedición.

Destarte, “cando as instalacións estean ao 100% da súa capacidade utilizarán máis de 160.000 toneladas ao ano de residuos industriais e de residuos de orixe urbana e comercial non recuperables para o seu reciclaxe”. Así, da súa xestión sairán un total de 85.000 toneladas ao ano de combustibles sólidos recuperados de distintas calidades e con “distintos fins”, ben para o queimador principal para fábrica de cementos ben para o calcinador.

A folla de ruta de Votorantim contempla que esta nave se instalará xunto ás instalacións de Cosmos. A súa previsión pasa por que o complexo estea operativo en 2026 e que o material xerado sexa utilizado nos fornos das cementeiras que ten despregadas por toda España

A declaración de impacto ambiental foi “resultado da consulta a dez administracións públicas” e de distintos informes elaborados polos técnicos de distintos departamentos para “garantir a preservación dos valores naturais, paisaxísticos e socioeconómicos existentes no entorno”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta