Luto polo pasamento de José Antonio Redondo, catedrático e exconselleiro maior do Consello de Contas

Traxectoria e legado dun destacado economista e servidor público

José Antonio Redondo López, conselleiro maior de Contas

José Antonio Redondo López, conselleiro maior de Contas

Galicia despedídese de José Antonio Redondo López. O que fora conselleiro maior do Consello de Contas entre 2015 e 2023 e catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago, faleceu este sábado.

Nado en Lugo no ano 1951, José Antonio Redondo foi director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo entre os anos 1995 e 2005. A través dun comunicado, a Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras (RACEF) expresou o seu profundo pesar pola perda do seu presidente da Sección Económico-contable e Financeira.

“Deixa un amplo legado académico e de xestión pública, como a lei de Prevención da Corrupción que impulsou en Galicia”, detallou a RACEF, institución na que Redondo ingresou no ano 2008 co discurso O ámbito financeiro das políticas públicas de vivenda: a necesaria converxencia en Europa.

José Antonio Redondo, pai de Gonzalo Redondo (que en setembro asumirá o cargo de CEO de Televés), tamén foi membro do consello do Instituto Galego de Promoción Económica, de Xestur Coruña e Xestur Lugo, así como do Consello para a Promoción da Igualdade do Home e da Muller de Galicia.

Redondo tamén formou parte do Consello de Estatística de Galicia e integrou a Fundación Catedral de Santiago de Compostela, unha labor que compaxinou coa súa faceta como investigador.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta