Efecto Trump: as exportacións galegas a EE UU afúndense máis do 23%
A pesar da baixada no mercado estadounidense, Galicia rexistrou entre os meses de xaneiro e outubro do ano pasado un máximo histórico, tras aumentar case un 1 % con respecto ao mesmo período do 2024, ata alcanzar os 451,4 millóns.
Arquivo – O presidente dos EUA, Donald Trump
As vendas aos Estados Unidos caeron un 23,4%, ata 451,4 millóns de euros entre xaneiro e outubro do 2025, un exercicio no que Galicia alcanzou un máximo histórico de exportacións cun total de 25.952,5 millóns, un 0,9% por riba do mesmo período do ano anterior.
Así o apuntou este mércores a Delegación do Goberno, que a “acción decidida do Goberno de Pedro Sánchez para acompañar o crecemento da economía galega e reforzar a súa internacionalización”.
A raíz dos últimos datos de comercio exterior publicados polo ICEX, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destaca que o comportamento do sector exterior é “froito do dinamismo do tecido produtivo galego e do respaldo institucional que presta o Goberno de España a través do ICEX e das políticas de apoio á exportación, á innovación e á competitividade”.
Subliña que Galicia mantén “o superávit comercial máis alto entre as comunidades autónomas”, con 8.098,1 millóns de euros, e cunha taxa de cobertura do 145,4%, por riba da media.
O delegado resalta os sectores que lideraron este crecemento: automóbiles e motos (+8,6%), produtos pesqueiros (+7,3%), bens de equipo de precisión (+19,9%) e confección (+2,5%).
En canto á diversificación de mercados, hai incrementos “destacables” nas exportacións a Turquía (+27,4%), Arxelia, Chile, Arxentina e Canadá (+57%).
Recoñecendo “retos” como o descenso das exportacións a países como Estados Unidos, Pedro Blanco afirma que Galicia “segue demostrando unha enorme capacidade de adaptación e resiliencia”.