O 25% dos fogares galegos dedica máis dun terzo do seu salario á vivenda.

A última enquisa estrutural a fogares do Instituto Galego de Estatística recolle que a maioría dos fogares galegos que teñen gasto por hipoteca ou aluguer da vivenda principal destina entre o 10% e o 20% dos seus ingresos mensuais ao seu pago.

Imagen de una vivienda con un cartel de "Se alquila"

O 25,3% dos fogares galegos que teñen gasto por aluguer da vivenda principal destina máis do 30% dos seus ingresos mensuais a efectuar este pago, segundo recolle o Instituto Galego de Estatística (IGE) na última enquisa estrutural a fogares, con datos correspondentes ao exercicio de 2024.

No caso da hipoteca, a taxa é inferior, de modo que o 8,9% dos fogares galegos que teñen este gasto (aproximadamente un de cada 10) dedica máis da terceira parte dos seus ingresos ao mes a abonalo.

A enquisa do IGE recolle que a maioría dos fogares galegos que teñen gasto por hipoteca ou aluguer da vivenda principal destina entre o 10% e o 20% dos seus ingresos mensuais ao seu pago, en concreto o 51,01% e o 41,97%, respectivamente.

En 2024, o 16,18% dos fogares galegos ten gastos asociados ao pago de hipoteca de vivenda principal, cun gasto medio mensual de 471,07 euros.

Por outra banda, unha proporción semellante de fogares presenta gastos por aluguer da vivenda principal (16,57%), cun importe medio mensual de 423,18 euros, descontadas as posibles axudas públicas e gastos correntes incluídos no recibo (comunidade, auga…).

Dentro dos sete grandes concellos galegos, Ferrol é o que conta cun maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca da vivenda principal (19,68%), mentres que o maior gasto medio en hipoteca rexístrase en Santiago (536,6 euros/mes).

Algo máis dun 30% dos fogares de A Coruña e Santiago teñen gasto en aluguer, onde se sitúa o pago medio máis alto por este concepto (474,47 euros mensuais en Compostela e 472,55 euros mensuais na cidade herculina).

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp