A planta de fibra reciclada de Ence en As Pontes recibe a autorización ambiental.

A fábrica, que se autoabastecerá de enerxía renovable xerada con subprodutos da industria forestal local, será a primeira a nivel europeo na que se producirá fibra branqueada a partir de papel e cartón reciclados.

- Imagen incluida en la DIA para la planta de biofibra en As Pontes de Ence - CAPTURA - Archivo

Imagen incluida en la DIA para la planta de biofibra en As Pontes de Ence – Archivo Europa Press

A Xunta concedeu a Autorización Ambiental Integrada (AAI) á planta de fibra reciclada branqueada de Ence en As Pontes (A Coruña), segundo recolle o Diario Oficial de Galicia. O proxecto foi declarado estratéxico polo Executivo galego en 2023.

“Coa AAI, Ence levará a cabo unha instalación pioneira a nivel mundial para producir fibra reciclada branqueada a partir de papel e cartón recuperados. Deste xeito, a compañía dálle unha nova vida a estes materiais, aliñándose plenamente coa economía circular”, explican desde a compañía.

Trátase do primeiro proxecto a nivel europeo no que se fabricará fibra reciclada branqueada a partir de papel e cartón reciclados. A planta autoabasteceráse de enerxía renovable, xerada a partir de subprodutos da industria forestal local e non empregará combustibles fósiles.

Esta planta será a “primeira instalación do sector” en utilizar tecnoloxía de branqueo totalmente libre de cloro (TCF) aplicada a fibras recicladas, convertendo restos de papel e cartón en produtos de alto valor engadido.

“A nova instalación supón tamén un exemplo do compromiso coa comunidade e de transición xusta, xa que se ubicará en terreos industriais dunha antiga central térmica de carbón”, explican.

Planta de reciclado téxtil

Por outro lado, a compañía impulsa unha planta piloto de reciclado téxtil, Regatex, que suporá a creación dun sistema innovador de reciclaxe de téxtiles.

No marco desta iniciativa, a compañía asinou, en 2024, unha colaboración estratéxica coa startup sueca Sharetex. Este acordo representa un avance significativo na xestión sostible de materiais, xa que ambas compañías lograron obter celulosa reciclada a partir de polialgodón, un tecido composto por unha mestura de algodón e poliéster presente en moitas prendas.

Trátase dun material que ata agora resultaba difícil de procesar de maneira eficiente. Esta innovación será clave para poder escalar os sistemas de reciclaxe do sector téxtil.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta