Abanca contrata a unha ex de Banco Santander, UBS e Barclays para a súa área de grandes patrimonios.
María J. Porta, que conta con máis de 25 anos de experiencia internacional en xestión de patrimonio, incorpórase ao departamento dirixido desde este setembro por José María Ferrer.

María J. Porta – Abanca
Abanca incorpora a María J. Porta para xestionar a área de grandes patrimonios da entidade en Galicia. A directiva formará parte do equipo capitaneado desde este setembro por José María Ferrer.
Segundo explican desde a compañía, Porta conta con máis de 25 anos de experiencia en wealth management e family offices. No seu currículo figuran postos de responsabilidade en Banco Santander, UBS e Barclays, onde foi co-head de UHNW Family Offices en España antes da súa integración en CaixaBank.
Ademais disto, foi banqueira en Londres e CEO en Europa de Saranac Partners, boutique de investimento independente con sede na capital británica e sénior financial advisor en Banco Safra Sarasin, entidade á que se incorporou a principios do ano pasado.
Porta está especializada en asesoramento estratéxico a empresas familiares, family offices e emprendedores. «É unha honra incorporarme a ABANCA nesta etapa e contribuír a que Galicia fortaleza o seu papel como punto de encontro entre grandes activos e oportunidades globais», subliña María J. Porta.