Alfredo Ramos, director de R: “MasOrange aventaxa en 15 puntos de cota de mercado aos seus competidores en Galicia”

O tamén director de MasOrange en Galicia reivindica a fortaleza da marca R como "bandeira" do grupo na comunidade e adianta que na primavera de 2026 culminará o plan para incorporar tecnoloxía 5G no rural, dando cobertura ao 80% dos concellos que concentran o 20% da poboación.

Alfredo Ramos, director de R y MasOrange en Galicia, situado a la izquierda, conduce la conversación entre Alba Budiño, cofundadora de Zebra Brain; y Juan Carlos Pérez, fundador de Aldealista, durante el I Gran Foro de Innovación y Emprendimiento organizado por APD

Alfredo Ramos, director de R y MasOrange en Galicia, situado a la izquierda, conduce la conversación entre Alba Budiño, cofundadora de Zebra Brain; y Juan Carlos Pérez, fundador de Aldealista, durante el I Gran Foro de Innovación y Emprendimiento organizado por APD

A fusión entre MásMóvil e Orange deu lugar a unha nova ‘teleco’ líder en Galicia, que está mostrando, cando menos, dúas virtudes: MasOrange segue crecendo en clientes a pesar da súa elevada cota de mercado, e R segue despregando tecnoloxía na comunidade, agora co obxectivo de dar cobertura 5G ao 80% dos pequenos municipios que concentran o 20% da poboación. Así o explica Alfredo Ramos, director de R e MasOrange en Galicia, que viviu de primeira man o camiño que levou á cablera galega a quedar integrada nun xigante das telecomunicacións. Con motivo da súa participación no I Gran Foro de Innovación e Emprendemento organizado por APD, onde é conselleiro na zona noroeste, o directivo analiza a evolución do grupo e o estado de saúde do sector TIC galego, para o que recomenda “colaboración, escalado e internacionalización”.


O proxecto anunciado en 2024 para ofrecer cobertura 5G en todos os fogares da Galicia rural contemplaba un investimento de uns 200 millóns. ¿En que situación se atopa o desenvolvemento do investimento e o despregue da rede 5G?

O investimento previsto para Galicia no período 2024-2026 ascende a 215 millóns de euros e a súa execución avanza conforme ao anunciado. A esta cifra súmanse 70 millóns procedentes do Plan Único 5G, que nos permite reforzar a cobertura móbil e a velocidade de acceso a internet no rural ao incorporar tecnoloxía 5G Stand Alone no 80% dos municipios que concentran só o 20% da poboación. Estamos a falar dunha actuación sen precedentes en Galicia, con preto de 1.000 emprazamentos, dos cales 229 son completamente novos. Actualmente, este proxecto está executado nun 66% e estará finalizado na primavera de 2026. Esta infraestrutura non só é conectividade: é a base para que calquera persoa poida formarse, traballar e emprender desde o rural en igualdade de condicións coas cidades.

Nos últimos anos, R viviu cambios na estrutura de propiedade, primeiro coa integración en MásMóvil e despois co nacemento de MasOrange, que agrupa 15 marcas. ¿Como valora a saúde da marca R no mercado galego? ¿Podemos confiar na súa continuidade como referente de MasOrange en Galicia?

R segue sendo a nosa marca bandeira en Galicia. No mercado masivo R é líder de vendas e no empresarial estas supoñen un porcentaxe moi elevado dos ingresos totais do grupo. Ambos exemplos reflicten o arraigo e a relevancia da marca como peza clave da nosa estratexia en Galicia.

-A compañía pechou 2024 con 1,3 millóns de liñas móbiles pospago en Galicia e 479.000 contratos de banda ancha. ¿Como evoluciona 2025 en canto a clientes? ¿Existe un liderado claro fronte a outros operadores?

Seguimos crecendo tanto en banda ancha como en servizos móbiles. MasOrange mantén un liderado claro en todas as provincias galegas, con unha vantaxe de uns 15 puntos de cota de mercado sobre o seguinte competidor. Aínda así, temos marxe de mellora en ingresos no mercado empresarial e, sobre todo, en que o apoio institucional estea á altura do que recibimos do sector privado.

– O grupo calcula que xera uns 4.000 empregos en Galicia. ¿Cantos traballadores directos teñen R e MasOrange na comunidade?

Contamos con 160 empregados directos en Galicia. Pero igual de importante é o traballo dos preto de 4.000 profesionais —comerciais, axentes de atención ao cliente, técnicos de provisión e servizo técnico— que dedican o 100% da súa xornada a ofrecer o mellor servizo aos nosos clientes.

-¿Que impacto está a ter a intelixencia artificial en R e como a están utilizando para mellorar servizos e procesos?

A IA xa forma parte do noso día a día. Permítenos lanzar servizos máis rápido, mellorar a atención ao cliente e anticipar incidencias na rede antes de que afecten ao usuario. En MasOrange implantamos un modelo completo de gobernanza que garante unha evolución natural e segura dos nosos procesos con IA.

-¿Como valora a evolución do sector TIC en Galicia, que, desde fóra, parece moi competitivo?

O sector TIC galego deu un salto cualitativo nos últimos anos. Temos empresas punteiras, centros tecnolóxicos de referencia e universidades que xeran talento. Pero necesitamos seguir apostando pola colaboración, o escalado e a internacionalización para que Galicia non só sexa competitiva a nivel nacional senón tamén no resto de Europa.

– ¿Teñen dificultades para atopar persoal cualificado?

Sí, é un reto. Especialmente en perfís TIC. Por iso impulsamos iniciativas como a Cátedra R en Ciberseguridade coas universidades da Coruña e Vigo, que nos axuda a captar talento novo e especializado.

Vostede é conselleiro de APD Noroeste, vocal no Clúster TIC Galicia e R respalda Unirisco. ¿Hai máis vontade de cooperación na empresa galega e menos recelos cara á innovación aberta?

Sin dúbida. Tamén somos patronos fundadores e presidimos a Fundación Gradiant desde 2018 e formamos parte do Consello Asesor da CEG, por exemplo. Vemos exemplos claros en empresas como Abanca, Fillos de Rivera, Finsa, Lence, e Kaleido. Hoxe, para competir e adaptarse coa velocidade necesaria que require o mercado, é fundamental rodearse dun ecosistema que complemente as nosas capacidades, e máis nun contexto de escaseza de talento cualificado. As empresas tractoras, os clústeres sectoriais e os centros tecnolóxicos son pezas clave para acelerar a transferencia de coñecemento e xerar valor.

¿Ca…

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta